Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 27 de marzo de 2012

Novas propostas para os Clubs de lectura de 3º e 4º de ESO

Unha de piratas...

A primeira proposta é a novela A illa do tesouro/La isla del tesoro de Robert Louis Stevenson, unha xoia que ninguén que goste de ler debe deixar pasar. Piratas, tesouros, illas... AVENTURA CON MAIÚSCULAS. Tedes máis información abaixo, á dereita.





...e algo máis

A segunda proposta é Persépole de Marjane Satrapi, un cómic de referencia, excelente testemuño histórico dun pobo e dunha época. Máis información abaixo, á dereita.



Aproveitamos esta comunicación para facervos saber @s premiad@s este trimestre por seren "@s que máis comentan no blog". Ben sabedes que o premio é algo que custa pouco pero que para nós ten moito valor, o feito de saber que estades aí e nos ledes e comentades, facéndonos saber a vosa opinión, fundamental para avaliar o noso traballo na bilioteca. Á dereita podedes ver o ranking d@s que máis comentarios levan feito ao longo do curso, pero este trimestre.... repite Noelia Casas, de 1º de ESO, que xa foi unha das máis comentadoras no primeiro trimestre, e estréanse Cristina Deus e Laura Moar de 2º de ESO. Mulleres de novo, as tres. Que pasa cos homes? Non len? Non comentan? Grazas chicas, e pasade pola biblioteca que temos un agasallo para vós. E grazas a tod@s @s que colaborades comentando, que cada vez sodes máis. A partir de hoxe abrimos o prazo do terceiro trimestre...






6 comentarios:

danielgonzaleztrazo@gmail.com dixo...

Os libros que propuxestes aos de 3º e 4º son moi interensantes eu xa lira un que era A illa do tesouro ainda que o lira en castelán encantoume creo que os que lle goste ler vaille gustar moito porque é un libro moi interesante, moita intriga e espero que lles guste aos con lean

Noelia Casas García dixo...

Volta a empezar cos comentarios =P.
Moitisimas gracias polo agasallo, encantoume :)

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

Daniel, benvido ao blog!!! Gracias por comentar. A verdade é q A illa do Tesouro é un libro "imperdible e imprescindible" na opinión de moita xente. ë por iso que non podía faltar na escolla do Club. Axiña farémosvos chegar as propostas para os Clubs de 1º e 2º.

Noelia, que ben que vos gustara o agasallo. Éche pouquiña cousa, pero escollida con moito cariño.

Noelia Casas García dixo...

Pero un Oscar non se ve todo-los días, graciñas de verdade :)

Myriam Morán dixo...

Noraboa as "Oscarizadas", estrelas este trimestre da sexta arte: a literatura.

Unha aperta a todas

MYRIAM

Myriam Morán dixo...

Persépolis me gustó mucho. Y la peli está genial también.
Myriam