Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 9 de noviembre de 2012

Andel de Libros (V): Chamábase Luís, Marina Mayoral


Chamábase Luís, Marina Mayoral. Col. “Fóra de Xogo”, Xerais
Este libro foi distinto ós outros que teño lido, e gustoume moito, porque esta historia hoxe en día pódelle pasar a calquera familia que viva no centro da cidade. 
Gustoume moio o libro tamén porque é como se fose unha entrevista, porque cada un vai contando o que viviron, e non foi que tiveran unha vida moi feliz. Por exemplo a nai de Luís tivo que ter unha vida pouco feliz.
Iria Fajín Casas (3º PDC)

Este libro gustoume porque trata sobre dous drogadictos que trapicheaban coa droga e logo tamén a consumían e ían para o hospital e tamén para o cárcere.
Luís é un drogadicto dende os vinte anos, tiña ollos verdes, era moreno, etc.
Luís ten dous fillos pero el é viúvo.
Luís despois de pasar dende os vinte anos coa droga vai pasar unha vida moi mala ata o estremo de que ata lle vai chegar a morte.
Ves os pasos que ten consumir drogas que tes que ir para o cárcere, o hospital e así moitas veces.
A nai de Luís gaña cartos para darlle ós fillos e axudaba a moitas persoas que o necesitaban.
Ten moi poucas palabras descoñecidas para min.
Este é un libro que quen queira e poida pode ler porque é bo de ler e engánchaste a el como outros libros que a un lle gustan, pero só te enganchas se che gusta.

Margarita Pombo Castro (3º PDC)

No hay comentarios: