Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



lunes, 12 de noviembre de 2012

Relatos fantásticos de nós (I): "Castañas contra sacos", Verónica Barreiro Calviño



A lectura dun fragmento do relato "O lobo da xente" de Vicente Risco na aula de 4º da ESO deu pé a facermos unha actividade voluntaria que consistía en escribir unha narración sobre o lobishome ou sobre calquera outro personaxe popular: o home do saco, o sacaúntos...
Verónica Barreiro Calviño foi a primeira en nos facer chegar a súa proposta que ten como protagonista "O Apalpador".



CASTAÑAS CONTRA SACOS

Era noite pecha cando o apalpador baixou dende o alto da montaña para palpar as barriguiñas dos rapaces de Ribán como facía cada ano para deixarlle castañas aos que tivesen fame.
O ano pasado fora un bo ano para el, pois fora o ano que máis castañas repartira e de todo isto el sacaba comisión; e ademais a necesidade de axudantes para atender os seus castiñeiros fixérono raptar a dous rapaciños maltratados polos pais.
Este ano viña disposto a facer o mesmo, non porque lle gustara raptar nenos senón porque ía vello e necesitaba un sucesor, xa que el e a súa muller a apalpadora tiveran dous, pero ambos estaban estudando  na universidade da Castaña.
Por iso cando na casa do rapaz que ía raptar se atopou co home do saco non soubo como reaccionar. Ambos querían o rapaz, e ningún estaba disposto a perdelo, polo que se embarcaron nunha loita do que ningún saíu ileso.
A pelexa gañouna o apalpador porque apareceu de súpeto a apalpadora que lle rebentou unha castaña no medio da testa ao home do saco. Deste xeito os apalpadores de Ribán marcaron o seu territorio e o home do saco nunca volveu aparecer por alí.

Verónica Barreiro Calviño (4º ESO)

2 comentarios:

Jennifer dijo...

Que boa historia, ademais inventada!!

Asun dijo...

Esa muller apalpadora valente !!