O libro non foi un dos que máis me gustou xa que tiña un vocabulario bastante complicado con bastantes dialectalismos e hipergaleguismos.
Ao principio non pillei moi ben sobre o que trataba o libro pero a medida que pasan os capítulos fun pillando a historia. O final da historia paréceme xusto e víase vir algo así porque o Milhomes e o Bocas estaban seguido pelexando.
O momento da historia que máis me gustou foi cando entraron na casa dos Andrade en busca da muller que lle gustaba e tiveron que escapar porque os seguían, gústame porque ten algo de suspense e misterio.
Diego González Viqueira (4º ESO)
O libro polo xeral gustoume moito. O que máis me
gustou foi o final, porque é un final inesperado para o lector, dende o meu
punto de vista.
Todo o contido onde falan que os tres homes pasan o
día bebendo sorprendeume bastante, porque eu pensaba que antes a xente non facía
nin a metade do que se fai agora, pero vexo que podían ser peores.
O final que máis me gustou foi o do libro, o meu
como de costume é moi irreal. Aínda que non sei se preferiría que Cibrán non
morrese, pero de todos modos tiña que ir ó cuartelillo e non sei que sería peor
para el.
Marta Brea Martínez (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario