Gústame moito este libro, pero o último relato non
moito. Porque todos os relatos son tristes menos ese último que a min non me
parece moito.
E o autor creo que pensou demasiado no pasado e está
ben pero debería alternar algo.
Gústanme todos os relatos moito pero o que máis me
gustou foi o de “Loanza da filatelia” porque o autor creo que aí pensou moito, porque
non é que teña moito sentido meter un diamante nunha caixa de mistos. E despois
o que máis me gustou foi o primeiro porque é unha historia moi atractiva, xa que
trata dun rapaz que lle demostra que a quere dunha forma que nunca oín, gústame
sobre todo por iso.
Alba Docampo Noya (3º PDC)
Ningún comentario:
Publicar un comentario