Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 15 de febrero de 2013

HOXE: Un obxecto luminoso está a avanzar a gran velocidade no ceo


Por Juan Ramón Gallástegui Otero (profe de Física e Química)
Hoxe venres 15 de febreiro de 2013, visítanos un asteroide. Este asteroide, duns 50 m de diámetro,  pasará relativamente cerca da Terra, a uns 30 000 km (os satélites da TV están a 36 000 km)
 Teremos pois a posibilidade de observar un fenómeno pouco frecuente.


No seguinte gráfico (Gráfico NASA / JPL / NEO Program Office / S&T) pódese comparar a distancia á que pasará o asteroide coa órbita dos satélites de comunicacións




Poderase ver con axuda duns prismáticos. Consellos para poder velo:
  • Situarse nun lugar no que se vexa o horizonte norte- leste.
  • Que estes oscuro e sen contaminación lumínica.
  • Só podemos ver o asteroide mentres se afasta de nos na súa traxectoria. Por iso, será máis brillante ao aparecer sobre o  horizonte, perdendo brillo co paso do tempo.
  • A observación con prismáticos é recomendable durante a primeira hora de visibilidade. A medida que se afaste y se faga máis feble suxerimos apuntar cun telescopio a unha zona do cielo pola que se sepa que vai  pasar  e esperar o seu paso.
  • O asteroide pasará aproximadamente dende a dereita da cola da Osa Maior cara a estrela polar. 
  •  Non se verá como un pedrusco lanzado ao aire. O meteorito será percibido como un obxecto luminoso que avanza a gran velocidade no ceo. Como unha estrela fugaz, pero que neste caso ao ser observada cos prismáticos non se apagará ata que saia do  alcance dos mesmos.
.
Este é o mapa para facer a observación do asteroide dende Santiago (nas proximidades os datos serán parecidos), tomado da web  http://heavens-above.com


4 comentarios:

Noelia Casas García dijo...

Eu non o vin jo!

Daniel Castro Alvarez dijo...

Pero ao final non caera en Rusia???

BIBLIOTECA TRAZO dijo...

Houbo 2 un meteorito que caeu en Rusia e un asteroide que se puido ver no ceo dende aquí. Para saber Máis, pregutádelle á profe de Ciencias Naturais.

Jennifer dijo...

Jooooope, eu non o vin!!!