Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 19 de marzo de 2013

Andel de Libros (XXXVI): Ás de mosca para Anxo, de Fina Casalderrey





Para min este libro foi moi fácil de entender e comprender, pareceume moi interesante e encantoume moito porque ten momentos tristes e outros cheos de alegría como me gustan a min os libros. Ten personaxes dos que me gustou moito a súa personalide como a de Estrela que sempre consegue o que se propón e tamén me gusta a personalidade do profesor porque se sabe abrandar cando lle toca e cando non facerse o duro.  Encantaríame que o libro acabara como o final que eu lle inventei pero ben así tamén me gustou moito e dígovos que é moi fácil de ler e que o ides a pasar moi ben coas súas aventuras ao longo do libro, porque eu pasei un momento moi agradable léndoo e tamén me enganchei aell xa que cada vez tiña máis ganas de seguir lendo e non parar ata acabar.

Alba Pumar Muíño (3º ESO)

A pesar de que é un libro un pouco infantil, gústame moito. Aínda que non é dos meus libros preferidos, pois a min gústanme mais os de medo e misterio.

O libro é fácil de ler e bastante entretido.
Cambiaríalle o nome da rapaza, Estrela é un nome que nunca me gustou moito.
Como momentos máis bonitos ou que máis me gustaron quédome no que o pai de Estrela lle di, cando están no tellado, que xa está a salvo, e todo grazas a ela.
Tamén me gustan os momentos divertidos de Estrela como nos que amola o profesor, ou aprende a dicir non.
O libro é fácil de entender, non hai case palabras que tivera que buscar, ou que non entendera.

Marta Otero Ramas (3º ESO)

Ningún comentario: