Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 19 de marzo de 2013

Andel de Libros (XXXVII): O porco de pé, de Vicente Risco


O porco de pé, Vicente Risco, Galaxia



A min este libro gustoume bastante, ademais coincide o tema do libro co tema que estamos estudando na asinatura de sociais (o caciquismo), iso axudoume a comprender un pouco mellor o libro.
O momento do libro que máis me gustou foi cando definen físicamente a don Celidonio, gustoume porque me resultou bastante graciosa.
Entendín bastante ben o vocabulario xa que non era moi complicado.
O final deixoume un pouco con intriga xa que non se sabe que vai pasar coa biblioteca municipal, se conseguiran apagar o incendio ou se en caso de que non o deran apagado a tempo levaría as culpas don Celidonio ou mesmo se despois do incendio empezarían a cuestionar a don Celidonio como alcalde.

Diego González Viqueira (4º ESO)

No hay comentarios: