Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 12 de abril de 2013

Andel de Libros (XLVI): O achado do castro, de Manuel Ñúnez Singala


O achado do castroManuel Núñez Singala, Sotelo Blanco

Este libro foi un dos que máis me gustou dos que lin de teatro. Gustoume porque fixome rir moitísimo e vin a facilidade que tiñan os ladróns para poder entrar no palacio, non é como na actualidade. É unha lectura fácil de ler e que non che dura nada, parece que non podes parar de ler ata que o acabes.
O que máis graza me fixo foi que o pobre soldado 2 non fixo nada e foi o único que obtivo algún malestar, perder a perna.
Outra escena que me fixo rir moito foi cando o falso Citrán lle íacontando o que se lle ocorría e o Emperador todo convencido de que lle estaba a ler o que poñía alí.
Esta obra utiliza algunhas expresións actuais pero modificadas, dándolle así un aspecto cómico e divertido ao ler.
O seu desenlace foi algo raro porque ao principio os pais de Carmiñae e Manolitus non se podían nin ver e en realidade estaban profundamente namorados un do outro. E que non queren que seus fillos casen e porque si, xa non lle parece tan mal.
É un pouco precipitado, quere facer o final demasiado rápido. Polo demáis este libro está moi ben.

Ricardo Rodríguez Paredes (4º ESO)


Para min, o libro foi interesante en todo momento, pero se teño que destacar algo sería o momento no que Catulo e Caleno tentan roubarlle ao Emperador, inténtano moitas veces, pero non son quen de conseguir nada do que tiñan plantexado.
Interesoume, especialmente, o momento no que Carmiñae e Manolitus se atopan no monte mentres os soldados os espían; ademáis de que fan comentarios chistosos cando menos o esperas, coma cando o Soldado 2 se pincha cun ourizo cacho.
Sinceramente, neste libro non faría ningún cambio, xa que é moi breve, fácil de ler, enténdese moi ben e é gracioso. Tamén me gusta como introduce no texto elementos actuales naqueles tempos. 
Para nada, o libro enténdese á perfección, grazas a que non emprega una linguaxe moi difícil e emprega tamén un rexistro coloquial.

Leandro Fernández Döpper (4º ESO)
 
A min este libro gustoume. Este libro, é de teatro, ten dous actos, pero son a mesma historia, non son historias diferentes.
A min o momento que máis me gustou foi cando Caleno fixo de Citrón, porque a pesar de ser un ladrón parvo, soubo facelo ben. O momento que menos me gustou foi cando Catulo empezou a chorar, porque non lle daban roubado a medalla ao emperador.
Eu non faría ningún cambio no final, porque eu creo que está ben así. A min este libro non me resultou difícil de ler, porque non había moitas palabras que non soubese o que significaban.
Eu recoméndolle este libro ás persoas que lle guste ler teatro e tamén ás persoas que non lle guste ler libros de moitas páxinas, porque este é un libro que ten poucas páxinas e resulta entretido.

Alicia Veiras Noya (4º ESO)

A min este libro gustoume moito porque me resultou moi divertido, fácil de ler e tamén moi fácil de entender.
A parte do libro que máis me gustou foi cando Caleno se facía pasar polo Citrón e lle lía ó emperador oracións mal traducidas ao latín.
Gustoume moito este anaco do libro porque fixome rir moito.
O final pola miña parte gustoume pero si que me resultou raro ver como o escritor cambiaba a historia para que rematara desa forma, que de súpeto o emperador e Arpexia se namoren e que decidan casar deixando así tamén que casen os seus fillos.
E o máis raro é que ó final acabe perdoando a todos e dándolle vantaxes a todos (deixar a Catulo e Caleno sen ningún castigo e deixar libre o escravo).
O vocabulario era sinxelo e fácil de entender.

Diego González Viqueira (4º ESO)

O achado do castro é un libro de teatro que ten diferentes personaxes con diferentes caracterizacións.
É doado de ler xa que é un libro que ten como personaxes dous ladróns, dous soldados, un rapaz e unha rapaza, hai tamén un pai e unha nai, hai un emperador romano, unha comercianta, un escravo e un sabio sometido ó Emperador.
Ten unha lingua doada de ler porque hai moi pouca dificultade léxica, con moi poucas palabras descoñecidas.
O achado do castro obtivo en 1987 o premio Xiria de Creación Teatral. Isto quere dicir que á xente lle gustou, porque un premio non é doado de obter.
Para ver se merecía o premio hai que lelo para convencerse de que si o mereceu.
A min gustoume porque hai algúns personaxes que queren roubarlle ó medallón o Emperador pero ó final non o conseguen.
O final feliz eu deixaríao como está, porque o que ten acáelle moi ben ó contexto.

Margarita Pombo Castro (3º PDC)


Este libro a min gústame porque é unha historia que se le rápido ao ser teatro, e ten un argumento gracioso e moi fácil de seguir. O vocabulario é facil de comprender, xa que non é un galego antigo. Unha cousa que destaco é os anacronismos, por exemplo:
Cit/Cal di: "O gatus maragatus estabae no telladus. É dicir: O barbeiro de Sevilla depiloume a canilla. Nesa época poderian existir os barbeiros, pero non creo, e claramente, non se depilaban. Os anacronismos nunha historia sempre a fai máis divertida.
Persoalmente os personaxes que máis me gustaron son Manulitus e o sabio Citrón, xa que Manulitus está namorado e dáo todo pola súa namorada, aínda que seu pai o emperador lle impida casar coa filla de Arpexia. E gústame Citrón porque é sabio e sempre sabe o que dicir, e sábeo todo.
A historia é moi divertida, e creo que é un libro ideal para ler en clase, xa que ao ser de teatro,ten varios personaxes e aos alumnos sempre lle gusta interpretar e sobre todo unha obra que é tan divertida e graciosa.

Brais Rey Calviño (3º PDC)

1 comentario:

Noelia Casas García dijo...

Ah!! Este libro é moi bonito e gracioso!