Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 10 de xuño de 2013

Andel de Libros (LVI): Intercambio cun inglés, de Christine Nostlinger


Intercambio cun inglés, Christine Nostlinger, PlanetaLector


A min este libro pareceume moi interesante xa que me intrigou desde o principio e non o podía deixar de ler a non ser que me cansara moito e non o puidese ler. Eu o final cambiariallo polo que escribín en páxinas anteriores pero así tamén me gustou aínda que non tanto. Propuxen ese final porque eu son moi romántica e polo cal quería que Sybille e Jasper quedaran xuntos e non separados.

Para min este libro foi moi fácil de ler e entender aínda que tiña palabras en inglés que me foron fáciles de entender e para atopar as palabras para facer o exercicio seis custoume moito a verdade. En fin acabo dicindo que me gustou moito ler este libro e que volo recomendo ler xa que a min mo recomendou ler miña irmá xa que ela o lera en castelán e tamén lle gustara. Teño que dicir que ao principio pensei que non me ía gustar pero unha vez que me puxen a lelo gustoume moito.

Alba Pumar Muíño (3º ESO)

Ningún comentario: