Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 10 de xuño de 2013

Andel de Libros (LVII): O triángulo escaleno, de Xosé Agrelo Hermo


O triángulo escaleno, Xosé Agrelo Hermo, Toxosoutos

A obra de teatro gustoume e ademais resultoume fácil de ler. Os personaxes gustáronme os tres, ademais de ter os nomes iguais a compañeiros da clase e a min, tamén tiñan trazos semellantes a Verónica e ao Brais que eu coñezo.
O final que Xosé Agrelo escribiu non me gusta, xa que o final é triste e Verónica queda desfeita. O final que eu escribín gustame máis, polo simple feito de que Brais e Verónica rematan xuntos.
O final de Xosé Agrelo ten algo bo, que deixa aberta a posibilidade de que Marta e Verónica teñan xuntas algo máis que unha amizade.
Na historia, hai dúbidas entre os tres personaxes sobre quen pode acabar con quen, porque ese tema está moi aberto durante todo o tempo da historia.

Marta Brea Martínez (4º ESO)

Este libro gustoume moito porque é moi entretido e fácil de ler.
Móstranos unha situación que creo que ao longo da vida se compartimos piso nos pasará. Non estamos vivindo cunha persoa igual que nós, todos somos diferentes polo que temos que aprender a vivir cos diferentes tipos de persoas, facer un esforzo e conseguir unha boa convivencia.
Unha cousa que me gusta moito deste libro é como nos ensina a que por estar cunha persoa que sexa lesbiana, ou crente en Deus, e nós non o sexamos non quere dicir que nós tamén teñamos que selo ou que por iso non poidamos falar con eles como persoas normais.
Porque unha cousa que nos ensina moi ben é que cando Vero se atopa con que o seu compañeiro de piso é crente, e ela non, podemos ver como a ela é algo que como que lle impacta, facéndose unha pregunta como: Este que fai aquí?
Tamén nos ensina o sufrimento do amor, pero eu boto en falta , que tamén nos ensine que se que se sofre,pero que non acaba o mundo.
Porque o libro o que máis nos achega é o sufrimento, pero por que non logo de ser rexeitados non ser felices sen estar ao lado dun home?

Alba Docampo Noya (3º PDC)

Ningún comentario: