Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 19 de febreiro de 2014

No centenario do poeta Xosé María Díaz Castro, ao que se homenaxea nas Letras galegas 2014




(Documental sobre a vida e a obra de Xosé Mª Díaz Castro, da autoría de José Antonio Cascudo)

Este mércores 19 de febreiro celébrase o centenario do nacemento de Xosé María Díaz Castro.

Concello de Guitiriz, a Xunta e a asociación Xermolos programaron un amplo conxunto de actos, nunha xornada que marca o inicio dun ano de actividades e homenaxes en honor do poeta. 

Destaca, ademais da ofrenda poético-floral que a AELG organiza no cemiterio de Guitiriz, a presentación do libro Xosé María Díaz Castro. Vida e obra (Galaxia) do crítico Armando Requeixo.

Fonte: xornal dixital Praza Pública

Ningún comentario: