Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 18 de febrero de 2014

Balda de Libros (XXIII): Polaroid, de Suso de Toro



Este libro gustoume bastante porque trata de diferentes historias cada unha nun lugar, nun tempo e nun ambiente diferente.

Ten varias historias distintas con diferente título como: Un mal espertar, Un mal momento, Ti, Caída, Xersee esesene, Interior, Mensaxe de amor, A man de amor, Unidos, Nada pola mañá, O trono e a chuvia, A luz da lúa chea, Bollicao, No armario, Caín....

O relato que máis me gustou foi "Mensaxe de amor", porque era unha parella, o home estaba no traballo e pensaba sempre nela e escribía nun papel o que pensaba pero era sempre o mesmo, e despois tiraba o papel.

Tamén me gustou o titulado "Nada pola mañá", porque era unha persoa que andaba toda apurada porque se quedara durmida, pero fixo todo apurada, almorzar, vestirse....

Algunha historia é máis entretida que outra o igual que unha é máis longa que outra...

Eu recomendaría lelo xa que é entretido, bo de ler e aprendes palabras novas e tamén axuda a coñecer vocabulario novo


Margarita Pombo Castro (4º PDC)

No hay comentarios: