Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 21 de marzo de 2014

Balda de Libros (XLII): Papaventos, de Xavier Queipo



Este libro pareceume bastante bo, aínda que senón tivera tantas descricións estaría moitísimo mellor, pero do longas que eran as descricións, había veces que non dabas seguido a lectura.

Na miña opinión é un pouco exótico este libro, porque a min non me interesan os detalles de cómo fan o amor o noso protagonista Francis coa súa noiva Rose. Porque o comezo do libro contén varias páxinas que son todas así, da noite que pasaron no piso de Francis que está á beira do mar.

O que máis me gustou foi o final, porque non te esperabas que Francis morrera afogado nunha praia da súa terra natal, Galicia, e moito menos estando o mar calmo. O libro é bastante fácil de ler pero tamén é algo longo.

Belén García Lijó (4º ESO)

No hay comentarios: