Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 25 de marzo de 2014

Balda de Libros (XLVI): Arredor de si, de Ramón Otero Pedrayo



Este libro pareceume moi interesante, xa que fala dos autores da Xeración Nós. Sempre é bo saber sobre aqueles homes que defenderon a súa lingua con moita honra.

O final está moi ben por min non llo cambiaría, é un libro moi dificil de ler, xa que tes que tes que estar moi concentrado para poder comprendelo.

Non me gustou moito cando Adrián está en Francia porque fala moito da cultura,da arquitectura e dos lugares que percorre coa Marquesa.

Tiven que poñer moita atención porque senon liábame pero encántame afrontar estos retos porque me enriquecen moito o dominio da lingua galega e sobre todo interésame moito pola crise que pasou esta lingua materna de Galicia.

Luisa Fernanda Marin Echeverri (4º ESO)

No hay comentarios: