Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 25 de marzo de 2014

Balda de Libros (XLVII): A desaparición de Evelyn, de Xulio Ricardo Trigo



O libro en xeral gustoume, pero fíxoseme un pouco difícil de ler, porque hai saltos no tempo grandes. Tamén porque corta a historia e a remata máis adiante o que fai que se confundan cousas. É un libro que ten moitas descricións, e é algo que non me gusta demasiado. 

A parte que máis me gustou foi o final porque te ten en tensión ata que sabes o que acontece con Evelyn. 

É un libro fácil de ler con respecto ao vocabulario, xa que non hai moitas palabras que descoñecera. 
Cambiaría a maneira na que contan a historia porque se fai algo liosa. Recomendaríao pero léndoo con calma para non mesturar datos.

Marta Otero Ramas (4º ESO)

Ningún comentario: