A verdade é que este libro gustoume máis do que
pensaba; recoméndoo moito, pois ademais é moi fácil de ler. Dubidaba entre
collelo ou non, porque non me soen gustar os libros de teatro, pero víalle moi boa
pinta e ademais os que o leran falaranme moi ben del, polo que ao final
acabeino collendo.
O lance que máis me gustou foi o primeiro. Neste
mesmo lance o momento máis importante, ou o que máis me gustou, é cando as
catro irmás se despiden del no seu enterro, dicindo o gran home que fora e o moito
que o querían.
Como cambios penso que non faría ningún, xa que como
ben dixen anteriormente, é moi fácil de ler, de feito creo que
é o libro máis fácil de todos os que lin en 3º e 4º da ESO. Todo se entende moi
ben e ademais gústame moito a forma na que está escrito este libro.
A lingua, ao igual que a historia, foi moi fácil de
entender. Na obra si que hai vulgarismos, dialectalismos,
hipergaleguismos, e demais, pero todo se entende bastante ben.
Os vellos non deben de namorarse é unha das obras teatrais galegas máis populares de Castelao. Este libro ten tres lances e un epílogo que se debe ler, porque está moi ben, xa que nel, os tres protagonistas vellos contan no camposanto as súas historias de amor coas súas respectivas mozas novas, que acaban cada unha casando cun home das súas idades. E aquí danse conta de que se non se tivesen namorado destas mozas, non morrerían tan cedo e aguantarían un par de anos vivos.
O lance que máis me gustou foi o primeiro, que
trata sobre un boticario namorado dunha moza e coas típicas catro irmás vellas
de antes que ían vestidas todas de negro, ata levaban o pano na cabeza de cor
negra.
Pareceume unha obra bastante fácil de entender e de
ler. Penso que é moito máis fácil ler unha obra de teatro que unha novela, xa
que algunhas teñen tanta descrición que xa aburre.
Belén García Lijó (4º ESO)
A min este libro encantoume, xa que pasas un bo
momento léndoo, e se tes a oportunidade de lelo cos compañeiros ou alguén da
túa familia aínda máis. Así que eu antes de nada invítovos a lelo, xa que é moi
divertido.
Resultoume fácil de ler e tamén fácil de entender.
Os lances por separado son entretidos, pero a dicir a verdade eu ao de
Pimpinela, que é o lance terceiro, inventaríalle a miña escena como final, porque
me gustan os finais felices.
Visto isto, eu son moi fan dos finais amorosos e
polo tanto non podo soportar una relación que acabe mal nos libros e nas
películas, por iso sempre llo cambio ou acabo pensando que todo acabou ben
aínda que acabase mal.
En definitiva, a min este libro encantoume.
Alba Pumar Muíño (4º ESO)
Foi o
primeiro libro de teatro que lin e gustoume moito, non só porque se le rápido,
que tamén, pero fai máis ameno ler.
Houbo partes do libro que se me fixeron un pouco
repetitivas, por exemplo cando as irmás de Saturio estaban chorando por el, pero
en xeral resultoume entretido.
A parte que máis me gustou foi o final, cando
todos se atopan no ceo, e non o cambiaría.
En canto á linguaxe, parecéceme un
libro moi rápido, simple e fácil de entender excepto por algunhas palabras que
ten. É un libro que si que recomendaría sobre todo a quen está empezando a ler
teatro, porque non é para nada difícil de entender.
Marta Otero Ramas (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario