Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 29 de abril de 2014

Balda de Libros (LI): Os homes só contan até tres, de Antón Lopo



O motivo de que escollín este libro para ler foi o título: Os homes só contan até tres. É un título que sorprende bastante e che leva á curiosidade por saber de que trata a obra de Antón Lopo.

A historia está moi ben, é interesante e fácil de ler. De feito, lese moi rápido.

Esta historia é un tanto peculiar, as personaxes deben estar enfermas, porque para matar a un home e despois tallalo para tiralo no colector, non se pode estar moi ben. Por iso o final é bastante de monstros, aínda que foi a parte que máis me gustou. Porque nunca te imaxinas que unhas rapazas inocentes vaian cravarlle un coitelo nas costas, tallalo cun coitelo eléctrico, metelo en bolsas e finalmente, tiralo no colector pouco antes de que recolleran o lixo. Aínda que eu cambiaría o final, porque o deixaron moi aberto. Non se sabe se un dos personaxes tamén o mataron ou puido fuxir destes monstros, simplemente o supós.

Belén García Lijó (4º ESO)

Non foi un dos libros que máis me gustou pero está ben, porque mestura o romanticismo de Helena e Nico e por outra parte está o final, todo o contrario, que foi o que máis me gustou a pesar de ser un pouco noxento, porque penso que contan todo moi detallado, como o cortan, como se manchan de sangue... Non entendo algunhas escenas nas que por exemplo, só aparece unha liña escrita, sen intervencións, só acoutacións...etc.

Pero é un libro fácil, sen vocabulario difícil e que se le rápido. A parte que máis me gustou (xunto co final de Nico) foi a historia de Nico e Helena, pero cambiaríalle o final para saber o que pasa con Evaristo. 

Recomendaríao, porque é fácil ten poucos personaxes...

Marta Otero Ramas (4º ESO)

Ningún comentario: