Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



miércoles, 30 de abril de 2014

Balda de Libros (LII): Doentes, de Roberto Vidal Bolaño



Esta obra decidín lela porque vira a película e gustárame moito. A verdade é que a min non me soe gustar moito ler teatro, pero esta obra gustoume moito, máis do que pensaba.

O momento máis importante, sen ningunha dúbida, é o momento do final, cando Cañete morre entre os brazos de don Valeriano e despois este cruza a porta e morre tamén. Paréceme moi emocionante este momento, ademais de ser moi real.

Como cambios penso que non faría ningún xa que me parece que a obra está moi ben escrita e enténdese bastante ben.

Iso si, aínda hai bastantes palabras que non coñecía. A lingua, como ben dixen, en xeral foi fácil de entender, pero había palabras das que como en todos os libros, non coñecía o seu significado.

En resumo, que me parece unha obra de teatro fantástica e que a recomendo moito para ler.

Cristina Deus García (4º ESO)

No hay comentarios: