Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 6 de mayo de 2014

Balda de Libros (LIII): Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz



Este non é o primeiro libro que leo de Agustín Fernández Paz. A primeira vista, pola ilustración da portada e polo resumo da contraportada xa me deu a impresión de que me ía a gustar e iso foi o que ocorreu. A min este libro gustoume moito pero hai unha cousa que non me gustou. Esa cousa é que está nomeando continuamente nomes de películas e feitos que transcorreron nesas películas. Iso fixo que me perdera moitas veces.

O tema deste libro pareceume interesante xa que ao principio pódese observar un dos problemas que lle está a pasar actualmente á maioría das persoas en España, que é o paro. No libro maniféstase co peche de Prudesa Filmes e o despido de todos os seus traballadores. Na miña opinión, esta escena é a máis triste de todo o libro.

Eu faría un cambio neste libro que consiste en diminuír a aparición de tantas películas. Logo, no final non faría ningún cambio xa que non acaba mal.

A linguaxe non foi difícil de entender aínda que houbo palabras que non entendía.

Marta Veiras Noya (3º ESO)

A min gustoume moito este libro, porque ten momentos de intriga. Non me gustou que nomease tantos títulos e frases de películas, porque eu non as coñezo e fáiseme moi aburrido.

Para min o momento máis importante do libro é cando despiden a Damián do traballo, porque desde que o despiden cambia moito a súa vida e a de Marga.

O personaxe que máis me gustou foi o de Marga, porque animaba moito a Damián cando o despediron e cando estaba mal, dicialle que logo ía encontrar traballo que non se preocupara.

A min pareceume que ten un vocabulario bastante fácil para o meu nivel de lectura.

Eu recoméndolle ler este libro a todos os que lle gusten os contos de intriga e misterio porque me parece un bo libro e ademais gustoume moito.

Adrián Recouso Pena (3º ESO)

No hay comentarios: