Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 15 de maio de 2014

Balda de Libros (LVII): Comedia bífida, de Manuel Nuñez Singala



Este libro en xeral gustoume moito, a forma de transmitirnos aos galegos o problema que está a pasar na nosa terra, os galegos cambiar a súa lingua nativa polo simple feito de que consideren as persoas que o falan paletas é unha verdadeira vergonza.

A parte que máis me gusta é cando fala Luci a rapaza que defende o galego que sempre acaba buscando a maneira de facerlle ver ao xuíz que as persoas fáltalles personalidade, que a lingua é importantisima e preocúpanse máis os de fóra pola lingua galega  que os propios galegos.

A verdade é que este libro sorprendeume para ben, nunca pensaría que se puidese reflectir tan claro o problema da actitude galega nunha obra de teatro.

Recomendo lelo, porque á parte de ser un libro que nos fai reflexionar sobre o que pasa ao noso contorno fainos ver a pouca personalidade que teñen algúns galegos.

!VIVAMOS COMO GALEGOS!

Alba Docampo Noya (4º PDC)

Este libro é un dos mellores exemplos desas obras que che fan parar e reflexionar, xa que é una clara verdade sobre o que opina a xente, desta vez, de Galicia sobre a súa lingua.

Obra escrita por Manuel Nuñez Singala, ten un gusto exquisito ao falar dun grave problema que afecta a poboación galega con un pouco de retranca e ironía. Singala plasmou na obra todas as opunións respecto do galego.

O que máis me chamou a atención deste libro e me gustou foi a facilidade de entendemento, e sobre todo, a forma de representalo, é dicir, na obra simula un xuízo aos cidadáns galegos respecto ao emprego que eles fan da nosa lingua e en que circunstancias a empregamos ou a deixamos en segundo lugar, como se nós mesmos a desprestixiaramos.

Miguel Rey Viqueira (4º ESO)

Ningún comentario: