Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 5 de xuño de 2014

Balda de Libros (LX): O lobishome de Candeán, de Paula Carballeira


O lobishome de Candeán, Paula Carballeira, Galaxia


O libro ó principio pois parecíame coma todos os libros de medo de lobishomes que lera, que non foron moitos, pero este era diferente. Contaba todo dende o punto de vista de cada personaxe, e tamén o contaba dende o punto de vista do lobishome.

Por outra parte, gústome que capítulos fosen tan curtos, xa que así podía parar cando quixese e non coma no resto dos libros que tes que acabar o capítulo para non quedar no medio.

O final a min non me gustou moito porque o lobishome non opuxo resistencia ningunha e a min gustaríame que se pelexasen co lobo ou algo polo estilo ou que o lobo marchase ao medio do monte.

O vocabulario era fácil xa que poucas palabras encontraba que non soubese a definición.

Recomendo o libro a quen lle gusten os libros de medo de lobishomes.

Adrián Ríos González (3º ESO)

Ningún comentario: