Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 5 de xuño de 2014

Balda de Libros (LXI): As fronteiras do medo, de Agustín Fernández Paz



Este libro gustoume moito, xa que a min encántanme os contos de medo, misterio e intriga. Para min, as historias que aparecían no libro eran moi entretidas, e léndoas pasábaseme o tempo rapidísimo. 

A historia que máis me gustou foi a de "A mirada de k", porque era a historia máis enigmática de todas, e tamén a que máis me enganchou debido a que estaba moi intrigado sobre o que podía pasar coa historia, non sabía se podía haber un xiro nela ou calquera cousa polo estilo.

Eu a este libro non lle faría ningún cambio, porque todas as historias están moi ben escritas, e entretén moito ao lector.

Este libro recoméndollo a calquera persoa que lle gusten as historias de medo e de intriga.

Diego Gutiérrez Castiñeiras
(3º ESO)


O libro a min non me gustou moito, xa que os relatos que se contan no libro son coma todos os contos de medo, moi infantís para o meu gusto.

Á parte diso o libro estivo ben, o relato que máis me gustou foi o de "O pozo", non sei por que nin sei explicalo pero foi o que máis me enganchou cando o lin e o que máis me gustou.

O que menos me gustou foi "Os fillos de Hamlet" porque é o típico relato de medo, era moi curtiño e non tiña nada de interesante e para min era moi infantil.

O momento máis importante foi, por exemplo, no relato "O pozo" cando a familia se mudou de lugar, xa que se non o fixeran pois non  pasaría nada do conto.

Cambios non faría ningún e o vocabulario non foi moi complicado ó meu parecer e é moi infantil tamén para o meu gusto.

Adrián Ríos González (3º ESO)

Ningún comentario: