Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 20 de junio de 2014

Balda de Libros (LXXV): Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro



Esta comedia pareceume moi entretida e iso que pensei que non me ía gustar xa que o libro ten unha portada pouco significativa. 

Desexaba chegar ata o final para saber que pasaba cos personaxes, esta comedia ensínanos que calquera non é de confiar, ata a persoa máis achegada pode traicionarte.

Eu cambiaría o final porque non me parece tan adecuado para o resto, demasiado simple. Pero o resto está moi ben, gustoume porque presenta intriga e desencadea unha divertidísima trama de enredo, facendo unha parodia da ambición desmedida da sociedade actual, que remata cunha tráxica morte dos personaxes.

É moi fácil de ler, eu recomendaríao.

Luisa Fernanda Marín Echeverri (4º ESO)

A min este libro gustoume moito, aínda que ás veces no principio me perdín un pouquiño cando mestura a historia coa película de Colombo.

Para min foi alucinante cando a vella Rosa se mete no corpo de Rosiña e fai toda clase de barbaridades.

Foime fácil de entender, foime entretida e o final cambiaríallo por un que fixen, que trata de que están todos os personaxes no cemiterio menos Rosiña, debido a una intoxicación e despois chega Rosiña en busca do seu sobriño Borja, xa que ela se namorou del e despois quedan todos durmidos mentres eles se dan un gran bico de despedida.

Sinceramente a min o teatro é o que máis me gusta ler, xa que o podes ler en alto, cos teus amigos e interpretar á voz aínda que non interpretes os xestos.

Alba Pumar Muíño (4º ESO)

No hay comentarios: