Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 20 de junio de 2014

Balda de Libros (LXXVI): Memoria de Helena e María, de Roberto Salgueiro



En xeral foi un libro que me gustou moito, xa que reflicte unha situación que lle pode pasar a calquera familia, xa sexa por uns temas ou por outros, e mais conforme está a nosa sociedade na actualidade.

Para min a parte máis importante do libro foi cando Maruxa acolleu a rapaza, cando súa nai foi encarcerada, xa que isto reflicte o cariño que pode sentir unha persoa por ti, aínda que non sexa precisamente da túa propia familia.

No libro non hai un momento que cambiaría especialmente.

Recomendaríalle este libro a calquera persoa á que lle gusten as obras de teatro baseadas na realidade, xa que esta pode ser unha delas.

Esteban Becerra Varela (4º ESO)

No hay comentarios: