Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 24 de junio de 2014

Balda de Libros (LXXVII): A piragua, de Cándido Pazó



Este libro gustoume moito, a maneira que ten de tratar un tema tan presente como a violencia de xénero.

A verdade e que foime un libro moi doado de ler. En canto aos personaxes a min persoalmente o personaxe que máis me gusta é Guzmán, dálle igual o que digan el se quere ter unha piragua tena. Ademais ten unha parte tenra e boa que aínda que non se mostre moito quere axudar e non lle importa facelo.

O que menos me gustou foron algunhas facetas de Lucía. Non sei, paréceme que hai cousas nas que ten un modo de ver as cousas un tanto egoísta para o meu xeito de pensar. 

A verdade se teño que elixir unha parte da historia non sabería cal, menos o final que iso de non deixar moi claro o que pasa non me gustou moito. Aínda que en certo modo e algo que me fixo pensar na historia varios días. Algo que me chamou a atención foi como ese pequena mensaxe oculta que che intenta dar a lectura e que en certos momentos te fai recapacitar. Así que si, sen dúbida, recoméndovos esta lectura xa que se fai moi amena polo tema cómico e ese misterio sobre o que pasará.

Raquel Sande Rodríguez (4º ESO)

No hay comentarios: