Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 24 de junio de 2014

Balda de Libros (LXXXV): Intercambio cun inglés, de Christine Nöstlinger



Este libro gustoume moito, aínda que este libro xa o lera hai uns anos en castelán.

Penso que Christine Nöstlinger é unha gran escritora, xa que conta moi ben a historia dende o principio, conta con moito detalle todo o que lle vai acontecendo ao rapaz, xunto coa súa irmá e Jasper.

O momento máis importante da historia para min foi o final, cando Jasper lle pide a Sybille que sexa a súa moza e ela lle di que si.

Eu non lle faría ningún cambio a historia, penso que está ben así.

A lingua é bastante fácil de entender, é a linguaxe que utilizamos nós normalmente.

En definitiva penso que este libro está xenial.

Sonia Pumar Muíño (3º ESO)

No hay comentarios: