Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 24 de junio de 2014

Balda de Libros (LXXXII): Ollos de auga, de Domingo Villar



Este libro gustoume moito porque ao principio de todo apuntaba a que Zuriaga ía ser o asasino do músico de Jazz e do DJ, pero resulta que ao seguir investigandoo caso descobre unha cousa que lle dá a volta  completa ao libro, e demostra a maldade e a intelixencia que poden chegar a ter algunhas persoas.

Tamén me gustou moito porque é moi facil, e pola forma tan orixinal de empezar cada capítulo, coa difinición dunha palabra que aparece en cada un deles.

E outra cousa que me gustou foi que os sitios que di existen na realidade.

Sandra Noya Redondo (3º ESO)

No hay comentarios: