Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 24 de junio de 2014

Balda de Libros (LXXX): Eu de maior quero ser, de Rosa Aneiros


Eu de maior quero ser, Rosa Aneiros, Sotelo Blanco

Gustoume moito o libro, porque fala da vida duns estudantes que xa están a piques de rematar a súa carreira, porque te engancha á vez de ser divertido; a linguaxe non é complicada, é un libro fácil de ler e faise bastante ameno.

Como non ten unha linguaxe difícil, o libro lese moi rápido, a parte de que a historia é divertida. Por exemplo hai unha parte que me gusta moito que é cando Cristina e María están vendo unha película de Tom Cruise e Fran non quere vela, entón as rapazas dinlle que o que el faga lles dá igual porque van ver a película si ou si.

Hai partes que non me gustaron moito, como o final, porque cada un marcha a un sitio diferente e non se atopan máis.

Polo demais encantoume, e é un libro que recomendaría para ler a quen quixera

Noelia Casas García (3º ESO)

No hay comentarios: