Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 24 de xuño de 2014

Balda de Libros (LXXVIII): Cóncavo - Convexo, de José Luis Prieto



Este, si, este libro foi o que mais me gustou desde que estou na ESO. Houbo moitos que me gustaron, pero que me fixeran pensar como este nunca, igual iso da palabra ESO abarca moito tempo, e si, poida que este a esaxerar... Pero nunca sentín cousa semellante. Este libro tente en tensión desde o primeiro momento.
Queres saber o final ao pouco de comezar a ler, déixate con ganas de máis, de saber, de imaxinar. 

O personaxe que máis me gustou é Mariña xa que ten maneiras de ver a vida, de pensar. Que tamén te fan reflexionar cando o les. A única pega que lle podo atopar ao libro é que o final é un tanto aberto despois de tanto non concreta xusto no que pasou. E iso foi do pouco do que me podo queixar deste libro.

Ademais faise unha lectura moi doada xa que o vocabulario é sinxelo. Definitivamente si, lédeo, ao comezo poida que non vos interese pero logo engancharédesvos a súa lectura. Espero que vos guste tanto coma a min e a pesar de que sexa un libro sinxelo e de teatro creo que fixo que me gustaran ler mais libros deste tipo.

Raquel Sande Rodríguez (4º ESO)

Ningún comentario: