Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 24 de junio de 2014

Balda de Libros (LXXIX): Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz



Este libro faiche entender o importante que é a saúde. Cando estás san non aprecias a metade das cousas que tes e non botas de menos case ningunha cousa. Esta enfermidade fixo que Branca pensase sobre moitas cousas das que xa tiña esquecidas  e viu o que de verdade tiña importancia.

Eu metinme na pel de Branca e pensei que non hai nada mellor no mundo que estar sans, que se tivera que estar tanto tempo na cama a miña vida sería moi triste e botaría moito de menos aos meus amigos e sobre todo saír a rúa.

O libro gustoume moito e é moi bo de ler. Eu recomendaríallo a estes rapac@s que cando ven a alguén enfermo se rin del. Sen pensar que mañá poden ser eles mesmos os que poden padecer unha enfermidade.

Gustoume tamén porque os amig@s de Branca non a abandonaron e ían case todos os días a vela. Aí tamén se ve cales son os amigos de verdade.

Sheila Bouzas Leis (3º ESO)

No hay comentarios: