A min este libro encantoume, porque a min gústanme os libros que en calquera
momento estea a pasar algo e neste libro sempre están pasando cousas novas e
moi divertidas, como por exemplo cando Rosa tivo o quinto fillo mandoulle a
Chicho facer reformas na casa e Chicho xa estaba canso de facer obras porque
cada fillo que tiveran Chicho tiña que facer obras para ter sitio parar cinco
rapaces.
A obra duroulle cinco meses. E cando por fin acabou xa canso de facer
obras, de alí a unha semana Rosa contoulle que estaba preñada do sexto fillo a
Chicho case lle dá unha volta, porque agora en vez de facer un novo cuarto tocáballe
facer un baño que era moito máis complicado que facer unha habitación.
Chicho xa cansado de facer obras, co que tiña aforrado decidiu chamar a uns
amigos para que lle fixeran o baño.
O momento que máis me gustou foi cando Chicho e Rosa fixeron a taberna para
facer cartos, e poder así manter os seis fillos que tiñan.
Eu non eliminaría ningún personaxe, porque todos os personaxes que aparecen
no relato son claves, para que o libro sexa tan divertido como é.
O libro gustoume moito, e recoméndollo a calquera persoa, porque a linguaxe
do libro enténdese moi ben. Para min é o libro que máis me gustou dos libros
que levo lido ata hoxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario