Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 12 de diciembre de 2014

Andel de Libros (IX): Aire negro, de Agustín Fernández Paz


Aire negro. Agustín Fernández Paz. Xerais.

A min este libro encantoume porque hai moito misterio e danche ganas de seguir lendo para ver que pasa.

A parte máis interesante do libro pareceume ao final cando a Gran Besta leva a Laura.

O que menos me gustou foi que Moncho lle dicía a Laura que non a quería na pousada porque ía espertar a Gran Besta, aínda que despois espertara.

Gustoume a dedicación e como insistía Víctor en que Laura se puxera ben.

Pareceume inquietante cando a Gran Besta foi a por Iria porque tiña o pelo vermello coma Laura e case a mata, ese foi un sinal evidente de que a Gran Besta espertara e ía a por Laura.

Cambiaría o final porque me gustaría que Víctor e Laura acabaran saíndo e que a Gran Besta morrera.

A linguaxe pareceume de nivel medio, xa que había algunhas palabras que non entendía como: aciaga, amodorrados, aprehensión...

Este libro lino porque mo recomendaron Dani e Irea, e non se equivocaron xa que me pareceu fascinante.

Laura Mariño Rey (3º ESO)

Gustoume moito este libro, pois coma moitos outros, trata de psiquiátricos, enfermos mentais… Ese tipo de historias abraianme xa que me deixan con intriga, con inquietude e tamén me dá algún medo.

Do relato, o personaxe que máis me gustou foi Laura pois aínda que lle dá medo recordar a súa historia fai todo o que pode por escribir o que recorda. A verdade é que tal historia dá medo recordar. 

As miñas escenas preferidas son nas cales Laura relata os acontecementos antes de que lle caera o raio.  

O final, deixoume totalmente abraiado, nunca pensara que ía terminar de tal forma.

Recomendaríalle este libro a miña compañeira da clase Laura Mariño, pois gustaríame que me dixera o que pensa deste relato. Tamén llo recomendaría a miña amiga de Buenos Aires, Valentina, pois a ela tamén lle gustan moito estas historias. Recoméndolle este libro a todo quen estea interesado nel, pois é unha das historias que se han de ler polo menos unha vez antes de morrer.

Daniel Castro Álvarez (3º ESO)

Foi un libro que me gustou bastante, pola forma que tivo Agustín de escribilo. Tamén me gustou a forma que tivo de redactalo, porque escribe moi ben e enténdese sen problema a maioría das cousas.

A parte do libro que máis me gustou foi cando Laura Novo fala da súa historia e cómo se volveu paranoica e empezaba a ver sombras e cousas moi estrañas.

O final do libro pareceume un pouco triste, porque ela foi raptada pola “Gran Besta”, pero en xeral,gustoume todo.

Podo dicir que foi un dos mellores libros que lin de Agustín Fernández Paz e que tiven o pracer de ler (outro título que lle lin foi Cartas de inverno).

A lingua en xeral,enténdese dado que non é un libro moi difícil.

Recoméndollo a todos os públicos e para todas as idades, porque realmente…é un libro incrible.

Irea Ríos Casas (3º ESO)

A min este libro gustoume moito porque é de misterio e acción e  encantoume ler como Victor intentaba resolver os problemas de Laura, que eran principalmente que era unha nena autista que non recordaba nada da súa vida anterior despois do seu accidente que foi que lle caeu un raio e ademáis escribia o seu nome sen parar LAURA NOVO.

Pero para min o máis interesante de todo foi cando Laura desapareceu e encontraron o rastro dunha besta. E tamén cando Laura contaba cousas da súa vida anterior como por exemplo que tiña un can que lle morreu ou que morrera moita da súa familia e que tamen montara unha casa de turismo rural en Galicia e que tivera dous mozos.

Este libro ten tres momentos diferentes na historia e gustoume máis a parte na que Laura conta a súa vida.

Recomendarialle este libro ás persoas que lles guste ler e lles gusten as novelas de suspense, este en concreto está moi interesante, sobre todo a partir da páxina 20 porque ai é donde Victor empeza a
relacionarse con Laura e empezan a falar deles e a facer cousas xuntos.

 José Luis Mirás Otero (3º ESO)