Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 12 de decembro de 2014

Andel de Libros (VIII): Salitre, de Jaureguizar



Este libro gustoume moito, foi un dos libros que máis me gustou dos que levo lido porque é moi curto e enténdese moi o vocabulario.

O momento que máis me gustou foi cando lle dispararon a Paula no mar porque aínda que queiras parar de ler o libro nese momento é imposible porque quedas coa curiosidade de que lle vai pasar. Ó final só foi un raspadura pero ese trozo do libro foi o que máis me gustou.

Eu non eliminaria a ningún personaxe porque as conversas que mantiñan os personaxes eran adecuadas para un personaxe en concreto, pois á hora de falar o personaxe dependendo a capacidade e a idade que ten fala cunha linguaxe diferente ca os personaxes maiores de idade ou con máis capacidade.

Tamén me gustou este libro polo fácil que é lelo, pois ten un texto moi doado de ler e é moi divertido.

Eu recoméndollo a todas as persoas porque é  moi interesante e ademais aparecen rapaces e xente maior.

Sergio Arias García (3º ESO)

A min o libro gustoume, porque engancha dende o principio, e xa dende o principio queres seguir lendo para saber máis, este libro en especial gustoume tamén polo tema da praia e todo iso porque a min iso gústame.

O libro é divertido porque tamén ten un pequeno tema erótico entre os dous mozos e non é aburrido como outros libros, era moi intrigante e quedei con ganas de saber máis porque nese final aberto quedas coas gañas de saber se o neno lle vai facer algo á nai ou se a nai vai vir a ver o neno.

A min iso de que a nai o chamara ó final do libro sorprendeume moito porque eu xa dende o principio pensei que a súa nai estaba morta pero ó parecer a moza de Eduardo tiña razón, pensei que xusto nese momento da chamada ía coller Eduardo e lle ían dicir que lle pasara algo a Paula. O seu pai estivéralle mentindo ó rapaz dende o día en que súa nai marchou de onde el.

A min o personaxe que máis me gustou foi o Americano porque andaba percorrendo o mundo e tamén porque foi tres veces campión do mundo en surf, O persoaxe que menos me gustou foi o mariñeiro Lino porque era moi agresivo e sempre quería arranxar as cousas con violencia. 

Gustaríame que o libro seguira para poder ler o que vai pasar coa nai de Eduardo.

Eu animaría á xente a ler este libro porque á parte de que é facil de ler e interesante.

Adrián González Laxe (3º ESO)

Ningún comentario: