Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 10 de diciembre de 2015

Balda de Libros (IV): A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre



Este libro gustoume moito, é entretido e é realista porque che fai sentir como se tiveses na súa pel e todas as cousas que lle van pasando a unha rapaza bastante nova. O momento do libro que máis me gustou foi cando Carlota, a protagonista do libro rematou co tratamento, que estaba dando por unha enfermidade, e xa podía deixar medrar o pelo, tamén cando Moncho e ela no ensaio se bicaron e Moncho conseguiu que ela perdese a vergonza e quitase o gorro. O final gustoume bastante a forma en como ela remata feliz. 

O vocabulario, na miña opinión, é bastante fácil porque non se complica moito. 

É un libro moi bonito para ler as persoas que lle gusten as historias reais e que lle guste ir sentindo todo o que lle pasa á protagonista porque hai casos na vida real que son moi similares e este é un exemplo de superación da súa vergonza ante todos. Recomendo este libro, porque está moi ben.


Antía Iglesias Iglesias (3ºESO)

É un libro que está moi ben e que recomendaría para todas as idades pero sobretodo para adolescentes xa que a min gustoume moito e divertinme moito léndoo. A parte que máis me gustou foi cando empeza a saír con Moncho. Unha parte que non me gustou tanto e que me pareceu un pouco triste foi cando a avoa lle di a Carlota que súa nai lle mentira e lle di que ten cancro e que lle quedaban poucos anos.  

Non me pareceu un final axeitado porque creo que debería continuar un pouco máis a historia e que falara de cando lle crece o cabelo e para saber como continúa a súa relación con Moncho e o que lle pasa a súa avoa. Se fose eu continuaríalle a historia desta maneira: A Carlota crécelle o cabelo e ten unha enorme melena rubia. Vólvese a rapaza máis guapa da clase e Miguel corta con Paulina para saír con ela. Cando se fan maiores casan e teñen fillos. A avoa puido ir á voda, xa se recuperara do cancro e viviu moitos anos máis.

Foime moi fácil de ler e entender e gustoume moito. Recoméndoo!! 

Fernando José Couselo Noya (3º ESO)

No hay comentarios: