Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 10 de diciembre de 2015

Balda de Libros (VII): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas



Este libro foi un dos que máis me gustou ultimamente, xa que é moi entretido porque cando o empezas a ler engánchate e xa non queres deixar a lectura. Tamén me gustou porque é bastante fácil de ler e non ten moitas palabras difíciles de entender. 

Unha das razóns polas que decidín ler este libro foi pola recente morte do autor, e pareceume unha boa homenaxe lelo. 

A parte que máis me gustou foi cando atopou a súa mestra e foi ó seu pobo a buscala e a parte que menos me gustou foi cando lle morreu o can, porque me pareceu un momento moi triste. 

O meu personaxe favorito do libro é o protagonista, que se chama Balbino, é o meu favorito xa que lle gusta moito a aventura e enfróntase ós seus problemas. Tamén me gustou bastante o personaxe de Lelo, porque salvou a Balbino de caer ó río. 

Este libro recoméndollo a calquera persoa que lle guste ler, porque o libro me pareceu moi entretido.

Adrián Landeira Pose (4º ESO)

A min este libro gustoume moito, xa que é moi emotivo, sobre todo para a xente que vive na aldea, coma a maioría de nós, aínda que agora vivir na aldea non é tan inxusto como era antes.

A lectura do libro é moi sinxela, xa que está escrita dunha forma moi clara. No libro sábese perfectamente o difícil que era vivir naquela época. A maioría dos que vivían no rural eran pobres. 

Este libro é un dos máis famosos da literatura galega, xa que é o libro escrito en galego que a máis idiomas se traduciu, dende o inglés chegando ata o chinés. Cando souben que este libro estaba na lista de lecturas non dubidei en collelo, xa que é unha narración que leu case todo o mundo. 

Recomendaríalle este libro a todas as persoas, pero sobre todo as que viven na aldea, para que se deran conta de cómo cambiou a vida no rural, xa que a maioría da xente de agora vive ben pero antes era todo o contrario.

Manuel Vázquez Noya (4º ESO)


A min o libro encantoume, porque trata sobre cousas da aldea e a min gústame vivir na aldea. A lectura do libro é sinxela, porque está escrita moi claramente. 

A parte que máis me gustou, foi cando Balbino esvarou no río e o salvou aquel rapaz, e a parte que menos me gustou foi cando morreu o seu padriño, porque me recorda a cando morreu meu avó. 

O personaxe que máis me gustou foi Balbino, porque é humilde, e gústalle vivir na aldea, e o que menos me gustou foi o pai, porque lle pegaba a Balbino en varias ocasión durante a historia. 

Non me gustou o final, porque eu esperaba que Balbino cumprise o seu soño de ser famoso. 

Recomendaría este libro a todo o mundo, porque é un libro moi bonito, pero recomendaríallo sobre todo ás persoas que nunca estiveron nunha aldea, para que saiban como era vivir na nela no pasado, e para que non pensen que a aldea é un lugar peor para vivir que a cidade.

Adrián González Lage (4º ESO)


Este libro gustame moito porque fala de cousas que hai anos eran verdade, fala de que os labregos son persoas marxinais, da diferenza que hai entre os pobres e os ricos e o moito que teñen que loitar os pobres para sobrevivir mentres que os ricos danlle todo feito e fan o que queren.

Este libro faite reflexionar sobre a diferenza das clases e o moito que condiciona o lugar onde naces e a familia que che toca, xa que hai grandes diferencias nas oportunidades que lle dan a cada unha e o respeto que lle teñen.

A mellor parte foi cando dicía que Balbino era o mellor da clase pero decepcionoume que deixara a escola por culpa da mestra, xa que podería ter un futuro moito mellor.

A parte que menos me gustou foi o final, xa que Balbino non merecía que lle pegaran por culpa do señor. Manolito non debeu insultalo porque Balbino non lle fixo nada, ademais, Manolito tiña que terlle dito a seu pai que a culpa non fora de Balbino.


Eu recomendaríalle este libro a Dani e a Alicia para que reflexionen un pouco sobre as grandes diferenzas entre as clases e que dean conta do que sofren algunhas familias.

Laura Mariño Rey (4º ESO)

Realmente esta lectura foi do meu agrado, gustoume moito o sentimento que Balbino amosa pola súa profesora, porque ao final ela marcha.
É un libro moi emotivo para quen tivera vivencias na aldea coma min, por exemplo: botar dias e noites sen durmir por culpa de ensilar ou outras moitas cousa máis, aínda que agora xa non hai Señor na aldea que mande no resto dos veciños. 
É destes libros que les un capítulo e queres ler o outro rapidamente por que tes ganas de saber o que vai pasar nos capítulos restantes.
Ten un vocabulario sinxelo e moi fácil de ler, hai algunhas palabras que ao mellor non sabes que significan, pero pasa case sempre en todos os libros.
Recomendo este libro para que lean todos os que queiran, de seguro que lles vai gustar, aínda que o que lle pasa ao protagonista é algo triste, non é máis que a realidade daquela época en Galicia, por sorte agora creo que xa non é así.
Samuel Vieites Abelenda (3º ESO)

No hay comentarios: