Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 16 de febrero de 2016

Balda de Libros (XXVIII): Raquel, de Isabel-Clara Simó



É un libro tipo diario que vai contando a vida dunha adolescente de dezasete anos e a min gustoume bastante. A parte que máis me gustou foi cando descobren que seu irmán non era un xenio e que fixera trampa porque está moi ben redactado. En cambio non me gustou que estivese sempre falando mal de seus pais e da súa forma de ser. 

Non faría ningún cambio xa que me gustou como estaba redactado mais como é a idea principal, que é a vida dunha adolescente que ainda que ten unha vida un pouco rara pero interesante.

Pareceume un final axeitado e bo xa que me gustou moito como remata porque non me esperaba que acabara dese xeito, divorciándose seus pais e que seu irmán fixera trampa aínda que tampouco me imaxinaría que súa nai reaccionara desa forma despois de que Raque atopara traballo. 

Foime fácil de entender e de ler xa que o pasei ben léndoo e me gustou moito.


Fernando José Couselo Noya (3º ESO)

No hay comentarios: