Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



viernes, 18 de marzo de 2016

Que é iso das "gafas violeta"?

Hoxe poñeremos as gafas violeta e faremos unha foto no recreo para a posteridade. Estivemos elaborando as lentes estes días, pero escoitando comentarios polos corredores, non estou moi segura de que todo o mundo teña claro de que vai isto ....

As gafas violeta é un símbolo empregado pola escitora Gemma Lienas no seu libro O Diario Violeta de Carlota. O xesto de poñer as gafas violeta implica mirar o mundo tentando ver as situacións de inxustiza, de desventaxa, de menosprezo hacia a muller; situacións que por repetidas durante anos e anos son moitas veces invisibles e invisibilizadas.

Fonte: http://www.gemmalienas.com/
Na súa páxina web a autora comenta sobre a súa obra: 

No es una novela, tampoco un diario íntimo cualquiera: estamos ante una guía subversiva que nos invita a reflexionar a veces con humor, otras con rabia y muchas veces con impotencia sobre la situación de la mujer en el mundo actual. Carlota, animada por el juego que le propone su abuela, observa el mundo con las “gafas violeta” y comprueba cómo situaciones que parecían incuestionables resultan injustas y discriminatorias.

Hai uns anos, no curso 2011/2012 algunhas alumnas do centro tiveron a oportunidade de falar coa autora. Limos o libro no Club de lectura de 3º de ESO e foi un pracer participar no programa de Radio Ordes Sumando todas entrevistando a Gemma. Desgraciadamente, o enlace no que se podía escoitar o programa parece que xa non está activo.


E por que violeta???   (Pincha, PINCHA !!!)

No hay comentarios: