Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 1 de decembro de 2016

Andel de Libros (VII): A neve interminable, de Agustín Fernández Paz



Pareceume un bo título xa que só che conta algo do que pasa na historia que é que non para de nevar, e iso dálle máis intriga ao libro que é o que se quere, que non cho conten todo coa portada e o título. 

Para min o momento máis importante foi cando atoparon a carta debaixo da mesiña de noite da habitación dun dos personaxes, porque lle dá ese toque de emoción que lle faltaba á historia o que fai que che veña a intriga do que vai pasar despois (se os matan como na carta ou se sobreviven). É un bo final pero eu penso que lle quedaría mellor un do estilo do meu con máis emoción para que así o libro fora máis atractivo nese sentido. 

Os personaxes podían ter as vidas máis interesantes ou alo así, porque nese aspecto tampouco é que vaian moi sobrados, pero están ben. 

A lingua é bastante fácil, agás algunas palabras, pero enténdese ben. É un libro que se le moi rápido e é fácil de resumir.

Óscar Iglesias Domínguez (3º ESO)


O momento máis importante foi cando descubriron a carta da muller que mataron, xa que se non a atoparan,  non sospeitarían que os donos do Hotel eran pantasmas, senón que sería una historia normal duns guionistas que quedaron atrapados nunha forte nevarada.

O tema do que trata é de medo e tamén de misterio, tanto como na historia principal como nos relatos que contan os personaxes.

Un cambio que eu faría sería engadir outra historia xa que Alba non contou a súa. Podería tratar do quecemento global, como dixera Sabine a dona do hotel. Porque dicía que o que nos tiña que dar medo de verdade non eran nin os vampiros nin os pantasmas, senón o quecemento global.

Na miña opinión os relatos de cada un dos personaxes estaban baseados nos seus medos, nos que tiveran de pequenos.

O que non me gustou do libro foi o final do libro porque acaba dunha maneira moi rara e pouco emocionante.

A linguaxe foi sinxela e as palabras algo complicadas entendíanse claramente polo contexto.

Daniel Varela Bello (3º ESO)

A min este foi un libro que me gustou moito, foi moi entretido, ademais foi fácil de ler aínda que había algunha palabra difícil polo medio. 

O momento máis importante da historia para min foi cando Abraham saca a pistola e cita uns fragmentos dun poema, e Alba di que ata que se acabe a vida na Terra a neve non cesara.  

Os personaxes gustáronme moito xa que estaban ben planeados polo autor desta obra. O personaxe que máis me gustou foi Abraham porque non participa moito na historia pero cando aparece no relato di cousas interesantes.

Pareceume un dos mellores libros que lin na miña vida, enganchoume rapidamente e en cuestión de dous dias acabeino. Eu na miña opinión recomendo este libro, porque é unha historia moi bonita e mesmo no libro contan a historia de como empeza e polo medio os protagonistas contan historias que inventan eles para pasar o tempo, por iso me gustou tanto.

Brais Pena Baluja (3º ESO)

Ningún comentario: