Este libro gustoume porque mestura moi ben os relatos
da Galicia antiga cos da Galicia moderna, así como as aventuras e o amor.
Non
houbo personaxes que non me gustasen. Para min cada un ten as súas partes boas
e as súas partes malas, como todo o mundo. A parte que máis me gustou foi o
capítulo final, cando Galván sobrevoa o pobo no que estivo mentres non comeza a
loita final polo reino de Artur.
Recoméndollo
ás persoas que lle gusten os libros que traten as lendas do Rei Artur e o seu
Reino, e tamén que mesturen o amor e a aventura.
É un libro moi faciliño de
ler, só hai unhas poucas palabras que poden resultar raras, difíciles á hora de
ler, pero case ningunha. Pareceme un libro bastante apropiado para o curso no
que estamos, 4º de ESO, xa que fala cousas que non son nin para nenos pequenos,
nin para xente adulta.
Finalmente darlle a noraboa a Dario
Xohán Cabana por esta obra que está moi ben feita e moi ben lograda tamén.
Samuel Vieites Abelenda (4º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario