O momento que máis me gustou do libro de Antón Riveiro
Coello foi a gran idea que tivo Manuel Mouteira, pois escribir un libro entre
dous escritores non se lle ocorre a moitas persoas. Tamén me gustou moito o
saber escoller a dous bos escritores, por iso lle pediu axuda a Laura, que foi
quen de dicirlle que escollese a un home e a unha muller. Tamén me gustou a gran
amizade que se formou entre Manuel e Helena, xaque coincidían en moitas cousas
e coñecíanse dende facía pouco tempo. Esa amizade foi grazas a Laura, pois foi
ela quen elixiu para o libro a Helena Otero.
O único momento do libro que non
me gustou moito foi que o autor de libro só vise que a única forma de rematar
fose coa morte dos personaxes. Pois podería continuar un pouco máis co libro e
saber que foi deles.Por iso gustaríame que se non morreran os protagonistas
houbese unha segunda parte, porque me quedou moita intriga, de saber que vai
ser deles e da súa vida.
Os personaxes parécenme todos moi bos, pero en especial
elixo a Manuel e a Helena, xa que entre eles notábase que había algo que os
unía e os facía inseparables. A historia que escribiron Helena e Bieito tamén me
gustou moito, pero tamén estaría ben que continuase,pois queda aí parada no
tempo e nada se sabe dos personaxes.
O vocabulario do libro paréceme moi
axeitado, para que sexa comprendido por todo o mundo.
A trama que narra o libro
está moi ben, pois mantente sempre con intriga durante o tempo que les o
libro. Ademais é un libro moi entretido, xa que rematas de ler un capítulo e
necesitas ler o seguinte, porque tes esa curiosidade por dentro que che di que
sigas lendo.
Este libro gustoume moito e pódese dicir que é un dos meus libros
preferidos. Recomendaría este libro a todas aquelas adolescentes que lles guste
ler , porque penso que tamén lles vai gustar como me gustou a min.
2 comentarios:
Querida Nerea: Alégrame saber que gustaches deste libro que xa escribín hai moito anos, pero do que aínda me sinto moi orgulloso (malia ese final tan dramático, que tantos lectores me botan en cara)porque desta novela despois xurdiron outras máis como Homónima ou As rulas de Bakunin. De calquera xeito, agradézoche que compartas a túa opinión na rede, pois talvez convenzas algún outro/a lector/a para que se achegue a ese mundo do Couto Mixto.
Bicos e grazas,
Antón
Grazas Antón. Comentarémoslle a Nerea que lle bote un ollo ás túas palabras. E si, parece que nos convenceron os seus comentarios porque é moi probable que algúns dos profes nos animemos a lelo proximamente, tal vez no club de lectura de "maiores". Xa che contaremos.
Publicar un comentario