Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 7 de xuño de 2017

Andel de Libros (XLV): S. O. S., de Pepe Carballude



O momento máis importante para min foi cando manda sacar os bidóns tóxicos xa que fai que todo volva á  normalidade. Outro dos momentos máis importante, na miña opinión, é cando decide marchar con Eva fai que se poida falar moito máis da historia. 

É un tema interesante, xa que fala dunha historia real, a cal dá moito de que falar. 

Non me convence o desenvolvemento xa que mestura dúas historias. É un bo final, pero é moi triste, eu poñería un máis alegre, sen que morrera ninguén.

Os personaxes están ben elixidos, xa que cada un ten unha personalidade.

A lingua é bastante fácil, algunha palabra non a sabía pero enténdese polo contexto. 

O libro recomendaríallo a peroas ás que lle gusten as historias realistas e algo de aventuras: realistas, porque foi algo que pasou e que pode pasar na realidade; e de aventuras porque nalgunhas partes da historia vívense momentos de aventura, por exemplo cando marchan os dous para a cova.

Óscar Iglesias Domínguez (3º ESO)

Esta novela gustoume moito pois fala dun suceso que aconteceu na realidade e moi preto de min, pois aconteceu na Costa da Morte, aquí na nosa Galiza. 

É unha novela que ademais de ser, dunha maneira, “informativa” pois tamén che fai pensar sobre todos os sucesos que pasan no mundo e que case non lle damos importancia, pero que cando ocorren cerca túa si que lle damos importancia, isto non debería ser así, todos deberiamos preocuparnos uns polos outros para conseguir un mundo mellor. 

Gustoume moito a maneira de escribir de Pepe Carballude, fai moi fluída e fácil de ler a historia. O que non me gustou tanto foi o final, porque durante toda a historia xa hai sufrimento por distintos sucesos que acontecen, entón a morte de Rafa ao final véxoa totalmente innecesaria, preferiría que seguira con vida para que xunto a Eva seguiran loitando polo medio ambiente. 

Recoméndolle este tipo de historias a xente que coma min lle gusten aquelas que narran sucesos que aconteceron, ou lle agraden as novelas de amor.

Iván Rivas Suárez (3º ESO)

Para min o momento máis importante da historia foi cando a policía os encontra e os manda para a comisaría e chaman a seus pais, pareceume o momento máis importante porque estaban desobedecendo a seus pais, e estaban incumprindo as normas, por iso me pareceu o momento máis importante.

Os personaxes estaban bastante traballados pero o contido deste relato para o meu gusto non estaba tan ben traballado como os personaxes.

O vocabulario non foi moi difícil sacando algunha palabra polo medio que costaba bastante entender.

A min este libro non me gustou moito, non me entreteu e pareceume moi aburrido na miña opinión. Ó parecerme aburrido fixo que me costara máis lelo. Na miña opinión este libro non llo aconsellaría a ninguén, creo que esta historia é para un público de máis idade e que lle gusten este tipo de relatos. Tamén llo aconsello á xente que lle guste este tipo de historias. 

Brais Pena Baluja (3º ESO)

Ningún comentario: