Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 1 de xuño de 2017

Andel de Libros (XXXIV): Rastros, de Roberto Vidal Bolaño



O libro gustoume pero esperaba máis del. Sobre todo polo final, non me gustou o final, xa que Esther non fixo ben en botalos da casa, pode que eles non estiveran sempre con ela pero sempre estaban cando máis os necesitou, e tamén estaban alí porque estaban preocupados por ela non porque se quixesen rir dela segundo a súa argumentación. 

Despois do primeiro flashback, cando estaban os tres na casa de Esther, non entendía moi ben o que pasaba, ata máis adiante que empezou a ter un pouco máis de sentido aínda que no resto do libro non tivera moito tampouco, paréceme que lle dá moita importancia a cousas que non teñen, por exemplo cando Moncho e Iago discutían, que foi unha parte que na miña opinión, sobraba. 

O momento máis importante creo que foi cando eles tres lle piden a ela que se quede, que eles non a van deixar soa, demostrándolle que a eles si que lles importa o que lle pase.

Laura Martínez Calvo (4º ESO)

A min a parte que me pareceu máis importante foi o final xa que fai como se fose tráxico, isto débese a que Esther volve recordar as voces de cando eran nenos cousa que xa lle pasara no comezo do libro. 

A parte que mais me gustou foi o final, cando os rapaces din o que queren ser de maiores. O libro pareceume interesante só que houbo moitas partes del que non cheguei a entender. Sinceramente non houbo ningunha parte do libro que non me gustase só que non as entendía. As palabras que emprega o libro non son difíciles de entender. 

O tema pareceume aburrido xa que a min gústanme os libros e historias que teñen mais acción e que sempre te poñen en tensión. Non houbo un personaxe que me parecese mellor ca os outros. Eu cambiaríalle o final porque e como demasiado triste. 

Este libro recomendaríallo aos rapaces que teñen unha idade parecida a miña ou que sexan algo mais maiores.

David Boo Noya (4º ESO)

Ningún comentario: