Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 1 de xuño de 2017

Andel do Libro (XXXIII): Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal



O momento máis importante do libro para min foi cando o médico, Don Luís, xa no enterro de Fernando lle di á súa esposa (a de Fernando) que morreu por culpa dun tumor atopado, no momento de transplante.

Pareceume un tema interesante porque fala de drogas e de crimes policiais. Tamén me pareceu realista porque o autor emprega un vocabulario propio do día a día da xente.

A historia trata de dous personaxes protagonistas, Fernando e Pantaleón, que están falando na sala dun hospital, pero eu considero que o autor lle dá máis importancia ao personaxe de Fernando, posto que moita parte da historia pásaa falando da súa vida.

Eu cambiaría o momento no que explica Clemente fabricaba a dose de heroína, considero  que ese momento sobraba.

O final pareceume axeitado e á vez sorprendente, polo do tumor.

Eu recomendaríalle Limpeza de sangue a alumnado de 1º e 2º de bacharelato, xa que considero que trata temas de adultos e emprega palabras bastante fortes. Non lle recomendaría este libro a alumnado por exemplo de 2º ou 3º de ESO posto que por exemplo, nun momento da historia explica como un dos personaxes se fabrica unha dose de heroína.

Marcos García López (4º ESO)

A verdade é que xa os teño lido mellores pero ben, é entretido e cando o estás lendo, chama por ti porque engánchate e queres saber  como segue. 

Tamén teño que dicir que a min non me convencen moito estas historias, na que por exemplo sucede nesta, de persoas que se coñecen no medio do Hospital, pero ben, o certo é que nunca sabes onde vas encontrar o teu mellor amigo ou a túa mellor amiga, ou incluso o amor da túa vida. 

Algo que cambiaría  sería a situación na que se coñeceron os dous protagonistas e tamén a morte de Fernando, porque non me gusta que case todas as obras acaben cun final tráxico como nesta co pasamento dun protagonista.

Si, recomendaríallo a quen lle gusten estes tipos de libros. Non é que me gustase moito, pero si é certo que está ben traballado, vocabulario faciliño de ler e non ten complicidade ningunha. É propio para ler rapazas e rapaces da nosa idade. 

Samuel Vieites Abelenda (4º ESO)


Ningún comentario: