Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 3 de marzo de 2023

Andel de Libros (XXVI): O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas

 


O lapis do carpinteiro. Manuel Rivas. Xerais

Na miña opinión este libro gustoume bastante. O momento máis importante para min foi cando o Doutor da Barca e a súa muller casaron, xa que me pareceu moi bonito, e tamén unha mostra moi forte de amor sobre todo por parte da súa muller, xa que podía refacer a súa vida con outra persoa e ter unha vida normal, pero ela aínda así non abandonou ao Doutor da Barca.

O tema do libro pareceume interesante, xa que me gustan as historias inspiradas no franquismo. Gustoume como o libro está escrito, en capítulos curtos, e o final tamén me gustou, xa que me pareceu que acaba dunha maneira moi bonita.

O único que non me gustou moito é a lingua que usa o escritor deste libro, xa que había algunhas palabras que non entendía.

O meu personaxe favorito deste libro para min é o Doutor da Barca, xa que sempre se mantivo fiel ás súas ideas, e non tivo medo ao que puidera pasarlle. Ademais el sempre axudaba a todos os presos do cárcere, curándoos cando tiñan doenzas, ou falando ben deles.

Lucía Grela Seoane (4º ESO)

Ningún comentario: