domingo, 5 de maio de 2013
xoves, 2 de maio de 2013
XOGA CON NÓS
Completa este cuestionario sobre novela xuvenil e averigua o que sabes. Non te esquezas de ir contabilizando as respostas acertadas e as erradas.
luns, 29 de abril de 2013
domingo, 28 de abril de 2013
XUNT@S PODEMOS!
A colaboración de toda a secundaria fixo posible a realización deste traballo para conmemorar o día internacional de Muller.
Xunt@s podemos.
sábado, 27 de abril de 2013
Sobre os clubs de lectura...
Onte fixemos a anual saída/ roteiro literario do Club de Lectura da que daremos conta a próxima semana con detalle. E tamén doutras actividades q tiveron lugar esta semana con motivo do Día do libro. Lembramos este artigo relacionado cos clubs de lectura, o seu funcionamento, as súas características...e queremos compartilo convosco. Nós pensamos que moitas das cousas que se comentan neste artigo, estamos a vivilas no centro nas reunións do Club. A ver que vos parece.
Destacamos un par de párrafos que nos pareceron especialmente interesantes, pero podedes consultar o artigo completo o final.
(...)Dentro de las bibliotecas hay una actividad especialmente gratificante: la de los clubes de lectura. En efecto, los clubes de lectura consiguen que ésta no constituya un ejercicio solitario, sino compartido. Los integrantes de estos clubes se ponen la tarea de leer un libro y después lo comentan, lo critican, lo alaban; es decir, ponen en común la experiencia personal de su lectura. Es fantástico advertir cómo cada libro admite muchas interpretaciones. Pero no sólo es eso. Los clubes de lectura son escuelas de escucha, de expresión oral, de reconocer el valor de las experiencias de los demás, de comprender que opiniones distintas también se fundamentan con razones, de aprender que lo que a uno le gusta no tiene por qué gustarle a los demás, de gozar por coincidir en la interpretación de capítulos o pasajes emocionantes…Incluso por utilizar una idea de Tocqueville, se podría decir que los clubes de lectura son escuelas dónde se aprende a ser demócrata. (...)
Blanca Calvo apunta cuatro elementos comunes que, de manera general, definen a los clubes de lectura, y que se extraen de una encuesta realizada a través de Internet. Estos elementos son : 1) se trata de una práctica bibliotecaria; 2) el gusto de los componentes de los grupos acaba llevándolos a encontrarse con otros clubes; 3) suele haber actividades lúdicas o gastronómicas que acompañan o complementan las sesiones de debate centrado estrictamente en la lectura; 4) la mayoría de sus miembros son mujeres.
Aquí o artigo completo
venres, 26 de abril de 2013
POR FIN!!!! A NOSA INVESTIGACIÓN PUBLICADA
Costounos algo de tempo chegar a compartir este estudo que fixemos, pero por fin, aquí está. Imos revisar o que averiguamos.
xoves, 25 de abril de 2013
O gran "erro" do Día do Libro
Foto vista en www.abc.es
No había mejor día que la muerte de los dos escritores más
grandes de la literatura universal para celebrar el día del libro… si obviamos
el «insignificante» dato de que ninguno de los dos falleció realmente el 23 de
abril de 1616.
Aquí o artigo completo
mércores, 24 de abril de 2013
Andel de Libros (XLVIII): El tiempo y la promesa, de Concha López Narváez
El libro me gustó porque trata sobre judíos y cristianos
, que tienen sus problemas.
También sobre que los judíos tienen que salir para siempre de las tierras
de España.
Pero algo sucede para que se retrasase en Vitoria. Un
pueblo hace a otro una promesa que jamás
ha sido quebrada.
Éste es un relato de odios y rencores, pero también lo es de comprensión y de
tolerancia; sobre todo es una historia de amistades y de fidelidad.
El final que tiene el libro es muy bueno porque si
lo cambiase me parece que podría estar peor, porque como está, ya es apropiado.
La lengua me fue fácil de leer, porque apenas tiene
palabras desconocidas.
Este relato es una novela histórica que podría
gustar a mucha gente, es una narración que recibió la Lista de Honor Premio
CCEI en 1991.
Margarita
Pombo Castro (3º PDC)
martes, 23 de abril de 2013
Datos interesantes no Día Mundial do libro
O perfil da persoa lectora, en España, é o dunha muller.
Os máis lidos no 2012:
1-Millenium, Stieg Larsson.
2- Cincuenta sombras de Grey, E. L. James.
3- Los pilares de la tierra, Ken Follett.
4- El tiempo entre costuras, María Dueñas.
5- El cementerio de los libros olvidados, Carlos Ruiz Zafón.
6- Crepúsculo, Stephenie Meyer.
7- Trilogía del siglo, Ken Follett.
8- Canción de hielo y fuego, George R. R. Martin.
9- La catedral del mar, Ildefonso Falcones.
10- El niño con el pijama de rayas, John Boyne.
En literatura infantil e xuvenil, a saga Crepúsculo, de Stephenie Meyer, aparece entre os máis lidos e Gerónimo Stilton e Harry Potter son os de maior éxito entre @s cativ@s de 10 a 13 anos.
Aquí máis datos
luns, 22 de abril de 2013
Andel de Libros (XLVII): Os vellos non deben de namorarse, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
A min gustoume este libro porque é fácil de comprender, a lectura faise amena e ao ser teatro lese pronto, ademais a historia engancha. Cada lance conta unha situación diferente e é no final cando no epílogo se descobre que existe unha relación entres os tres lances, e se solucionan as dúbidas sobre os finais de cada lance. Tamén o prólogo axuda a crear unha idea de continuidade entres os lances e a introducir e presentar os personaxes máis importantes de cada un deles.
No referente a cada lance teño que destacar de cada un a parte máis divertida; no primeiro cando as mulleres se poñen a falar mal de Lela, no segundo cando o portugués di esta frase: “Cada bico unha leira... Cada bico unha leira... Non está mal! Pois polo que é polo que me deches a min, pódeslle pedir o pazo”, e no terceiro máis que achegarme algo cómico produciume tristura porque a diferenza dos outros dous lances, Pimpinela foi manipulada, e aínda que ten algo de culpabilidade, alégrome que ao final remate co mozo.
Polo tanto este libro gustoume porque reflicte o comportamento da sociedade galega noutros tempos.
Verónica Barreiro Calviño (4º ESO)
A min este libro gustoume moito xa que é moi entretido e fácil de ler.
Ademais este libro xa o lera na clase e xa vira a representación dun anaco (no que Don Ramón fala cos seus pais).O vocabulario é sinxelo e non ten palabras moi difíciles de entenderlle o significado.
O final a min gustoume moito e penso que é a mellor maneira de acabar este libro.
O momento do libro que máis me gustou foi cando Don Ramón dialoga cos seus pais xa que é unha parte divertida. Ademais ó ver interpretado ese anaco axudoume a entendelo mellor e facer que me gustara máis.
Persoalmente o final a min gustoume moito xa que se xuntan os tres vellos xa mortos e dialogan das súas mortes e chegan os tres á conclusión de que non tiñan que terse namorado a esa idade.
Diego González Viqueira (4º ESO)
O libro gustoume, non me parece totalmente realista pero está moi ben. Aínda que o libro me gustara non estou nada de acordo con Castelao, xa que, en teoría, o amor non ten nada que ver coa idade.
Os finais están ben os dous, son distintos, xa que o que escribín eu é moi irreal, pero calquera dos dous podería quedar ben na obra.
Aínda que non estea de acordo con Castelao sobre o amor e a relación coa idade, Castelao tamén quere dar a ver, segundo o meu punto de vista, que non todas as relacións teñen un final feliz, sexa unha relación que vai ben ou unha relación mala.
O lance que máis me gusta é o terceiro, porque o vello que máis me gustou dos tres foi o señor Fuco e tamén foi a historia de “amor” que máis me enganchou a hora de ler.
O libro de Os vellos non deben de namorarse gustoume porque ten moita retranca.
Tamén me gustou porque mostra na escrita o modo no que antes se escribía. A escena que máis me gustou foi a do final porque se xuntan os vellos no máis alá.
O personaxe máis bo para min é o de Pimpinela porque se viu obrigada a casr cun vello e aínda que o vello morreu ela é infeliz. Tamén me gustou porque mostra na escrita o modo no que antes se escribía. A escena que máis me gustou foi a do final porque se xuntan os vellos no máis alá.
O máis importante para min é a escena final onde se xuntan todos os mortos. O final que fixo o o autor está xenial dende o meu punto de vista. Para min a escena final é a máis importante de todas.
Iria Fajín Casas (3º PDC)
O momento máis importante para min é o terceiro lance porque mostra unha vista distinta, a rapaza non é cruel nin mal pensada.
Ela é a que non quere casar con Fuco mentres que a súa condición social a obriga, principalmente a económica, xa que non teñen recursos para manter a familia. Mentres que o que verdadeiramente quere é casar e prometerse co home que quere e non co que seus pais lle ofrecen.
O libro é interesante por algunhas das escenas como cando don Ramonciño lle pide bicos a Micaela e lle dá fincas por cada bico, e co risco de quedar sen capital.
O libro utiliza un vocabulario un pouco distinto ao que nós usamos na actualidade, con palabras que hoxe en día son menos utilizadas.
Tamara Muíño Bello (4º ESO)
Esta obra de teatro gustoume bastante porque foime
moi fácil de ler.
Tamén foi fácil
de comprender o contido sobre os vellos e ademais que poña os personaxes xa ao
principio dos lances axuda moito por se te despistas un pouco á hora de estar
lendo, e así botaslle un ollo aos personaxes e listo.
E tamén me gustou o contido que ten un pouco
de humor, aínda que me gustaría que tivese máis aínda, para que non fose tan triste
por todas as mortes dos vellos que se namoran daquelas mozas.
Eu animaría a xente a que lese este libro, porque
está moi ben e lese con moita fluidez.
Tamén me gustou porquen en xeral os libros que lin
de Castelao sempre me gustaron , e porque Castelao foi e é un moi coñecido autor
galego.
A min este libro gustoume. É un libro de teatro, escrito por Castelao, e ten tres lances. O lance que máis me gustou foi o primeiro, aínda que todos son parecidos, porque en todos os lances deste libro morre un vello por namorarse dunha rapaza nova.
O momento que máis me gustou foi cando a morte lle pedía ao
boticario que lle compuxera un feitizo para namorar, pero o boticario dicíalle
que non.
O momento que menos me gustou foi a escena II, na que están
o demo e a porca (dúas máscaras) facendo rir a unhas mulleres.
Eu recoméndolle ler este libro ás persoas que lle gusten os
libros de teatro, porque é un libro fácil de ler, porque non ten demasiadas
palabras descoñecidas, pero as que había tívenas que buscar no dicionario.
venres, 19 de abril de 2013
Atopan unha carta de amor agochada durante 300 anos nunha casa de Toledo
Además de decirle que él nació para servirla y no para
mandarla, don Alfonso finaliza su carta recordando a su amada que "si
mucho me estima vuesa merced, mucho más estimo y amo a vuesa merced"
Aquí o artigo completo
xoves, 18 de abril de 2013
¿Pode realmente alguén amar a dúas persoas distintas?
Abondan os triángulos amorosos nos libros de literatura xuvenil, e na literatura en xeral. O amor a dúas bandas de Katniss está a dar moito que falar este ano no CPI de Trazo. Que non sabes quen é Katniss....? A estas alturas...?
Neste artigo da publicación web especializada en literatura xuvenil, El Tiramilla, dannos a coñecer outras obras protagonizadas por unha moza e dous mozos, envolvidos polo amor e as dúbidas sobre os seus sentimentos. Seica están de moda...
Copiamos a continuación un fragmento. Pincha aquí para acceder ao artigo completo:
" (...) este artículo no va a tratar sobre los famosos triángulos amorosos, sino que intentaré ir un poco más allá y dejar aparte esos casos en los que la chica simplemente tiene varios chicos donde elegir y, o bien no sabe qué hacer, o bien tiene claro que su gran amor es uno de ellos. Este artículo se va a centrar en casos más peliagudos, en esos en los que el protagonista (en la mayoría de los casos mujer), no solo tiene donde escoger, sino que está enamorado de sus dos pretendientes… ¡de los dos! Para ello, me valdré de dos ejemplos."
mércores, 17 de abril de 2013
O que hai que ver...
O cartel que vedes di:
"Unha destas dúas nenas está sostendo algo que, para protexer a@s cativ@s, está prohibido nos Estados Unidos"
.........
A resposta é o libro Carrapuchiña Vermella que está prohibido nalgunhas zonas de EEUU.
A través desta campaña, a asociación Momsdemanaction.org pretende chamar a atención sobre o uso das armas en EE.UU.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)









