Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 27 de febreiro de 2024

Book tráiler (XLIV): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas. Realizado por Nerea Sánchez Castro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (col. Biblioteca Neira Vilas. Galaxia, 2016). Realización youtubeira: Nerea Sánchez Castro, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XLIII): Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo. Realizado por Carla Caramés Rivas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2000). Realización youtubeira: Carla Caramés Rivas, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Balda de Libros (XVII): A punta de pistola, de Fran Alonso


A punta de pistola. Fran Alonso. Xerais

A novela A punta de pistola de Fran Alonso é sinxela de ler e interesante aínda que desconcerta un pouco ao principio porque cóntanse dúas historias que son completamente independentes ata o final no que se xuntan e cobran sentido.

As dúas historias son interesantes pero gustoume máis a da muller camioneira que tamén é xornalista. Ademais da súa historia coñecemos a través do seu relato a vida da primeira camioneira de 1932 e como tivo que loitar contra os prexuízos por ser unha muller “cun traballo de homes”, unha muller cun traballo que tradicionalmente era exclusivo de homes.

Na primeira non me gusta a maneira con que o pai trata os nenos pois exerce unha gran violencia contra eles pero sei que debe ser así para que a historia resulte tal e como é.

Desta novela podemos aprender varias cousas, en primeiro lugar, aprendemos da historia dos pais que secuestran os seus fillos e de que maneira non podemos ser tratados baixo ningún concepto. Por outra banda, da segunda historia aprendemos a facer o que verdadeiramente nos guste deixando os prexuízos da sociedade de lado e a loitar polo que queremos.

Lara Piñeiro González (3º ESO)

Esta novela, escrita por Fran Alonso, está protagonizado por unha parella de delincuentes alcumados coma O Varas e Rica, estes dous acoden a un Centro de Acollida Familiar para ‘visitar’ aos seus fillos, unha vez dentro, secuestran os nenos e lévanos con eles a punta de pistola, así comezaría esta historia.

O meu personaxe preferido é Lolo, o compañeiro da camioneira porque é un home bastante relaxado e gustoume a súa forma de ser.

Tamén me gustou moito O Varas porque é un home que intenta buscar unha saída á encerrona que se fan eles mesmos, aínda que teña que deixar a todos atrás.

Unha personaxe que non me gustou moito foi a ‘amiga’ de Lolo porque sempre estaba estorbando e parecía que alí non facía nada.

Pareceume un libro bastante fácil de ler porque ao engancharme tanto, lino rápido, porén algo que non me gustou moito foi que habían algunhas palabras algo complexas pero polo demais ben.

Diego Vásquez Fernández (3º ESO)

Book tráiler (XLII): A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre. Realizado por Ángel Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2000). Realización youtubeira: Ángel Castro Noya, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XLI): Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo. Realizado por Lidia González Rey

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2000). Realización youtubeira: Lidia González Rey, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XL): Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Fernando García Regueiro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Fernando García Regueiro, 1º ESO A, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

luns, 26 de febreiro de 2024

Book tráiler (XXXIX): O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas. Realizado por Cristina García Regueiro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2012). Realización youtubeira: Cristina García Regueiro, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XXXVIII): A punta de pistola, de Fran Alonso. Realizado por Lara Piñeiro González

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A punta de pistola, de Fran Alonso (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2012). Realización youtubeira: Lara Piñeiro González, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XXXVII): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Sofía Dafonte Pazos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, con ilustracións de Antonio Seijas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995, 40ª edición 2018). Realización youtubeira: Sofía Dafonte Pazos, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

domingo, 25 de febreiro de 2024

Primeira parte de “Campanas de Bastabales”, nas voces de Lara Piñeiro González e da nosa ex-alumna Gabriela González Lamas

 

Lara Piñeiro González (3º ESO) achéganos a gravación da primeira parte de “Campanas de Bastabales”, de Cantares Gallegos, na súa propia voz e na da nosa ex-alumna Gabriela González Lamas (18 anos). CPI Viaño Pequeno. 

#_rdc2024 #oamordapatriagalega @aelg @CasadeRosalia 

Campanas de Bastabales


Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades
.

I
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.

Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.

Sólo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.

Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.

Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.

 

Primeira parte de “Campanas de Bastabales”, na voz de Diego Vásquez Fernández

 

Diego Vásquez Fernández (3º ESO) achéganos a gravación da primeira parte de “Campanas de Bastabales”, de Cantares Gallegos, na súa propia voz. CPI Viaño Pequeno. 

#_rdc2024 #oamordapatriagalega @aelg @CasadeRosalia 

Campanas de Bastabales

Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades
.

I
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.

Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.

Sólo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.

Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.

Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.

“Cando penso que te fuches”, na voz de Ángel Castro Noya

 

Ángel Castro Noya (3º ESO) achéganos a gravación de “Cando penso que te fuches”, de Follas Novas, na súa propia voz. CPI Viaño Pequeno. 

#_rdc2024 #oamordapatriagalega @aelg @CasadeRosalia 

Cando penso que te fuches,
negra sombra que m’ asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu’ es ida,
no mesmo sol te m’ amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m’ abandonarás nunca,
sombra que sempre m’ asombras.

 

venres, 23 de febreiro de 2024

“Quíxente tanto, meniña”, na voz de Carla Caramés Rivas

 

Carla Caramés Rivas (3º ESO) achéganos a gravación de “Quíxente tanto, meniña”, de Cantares Gallegos, na súa propia voz. CPI Viaño Pequeno. 

#_rdc2024 #oamordapatriagalega @aelg @CasadeRosalia 

[Quíxente tanto, meniña...]

«Quíxente tanto, meniña,

tívenche tan grande amor,

que para min eras lúa,

branca aurora e craro sol;


augua limpa en fresca fonte,

rosa do xardín de Dios,

alentiño do meu peito,

vida do meu corazón».


Así che falín un día

camiñiño de San Lois,

todo oprimido de angustia,

todo ardente de pasión,


mentras que ti me escoitabas

depinicando unha frol,

porque eu non vise os teus ollos

que refrexaban traiciós.


Dempois que si me dixeches,

en proba de teu amor

décheme un caraveliño

que gardín no corazón.


¡Negro caravel maldito,

que me fireu de dolor!

Mais a pasar polo río,

¡o caravel afondou!...


Tan bo camiño ti leves

como o caravel levou.

 

“Cando penso que te fuches”, na voz de Mateo Pérez Vázquez

 

Mateo Pérez Vázquez (3º ESO) achéganos a gravación de “Cando penso que te fuches”, de Follas Novas, na súa propia voz. CPI Viaño Pequeno. 

#_rdc2024 #oamordapatriagalega @aelg @CasadeRosalia 

Cando penso que te fuches,
negra sombra que m’ asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu’ es ida,
no mesmo sol te m’ amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo
pra min i en min mesma moras,
nin m’ abandonarás nunca,
sombra que sempre m’ asombras.

 

martes, 20 de febreiro de 2024

Fragmento de “Airiños, airiños, aires” nas voces de Nerea González Rey e Vitoria María Justino Ferreira

 

Lidia González Rey (3º ESO) achéganos a gravación dun fragmento do poema “Airiños, airiños, aires”, de Cantares Gallegos, nas voces de súa irmá Nerea González Rey (18 anos) e de Vitoria María Justino Ferreira (19 anos). CPI Viaño Pequeno. 

#_rdc2024 #oamordapatriagalega @aelg @CasadeRosalia 

Airiños, airiños, aires

Airiños, airiños, aires,
airiños da miña terra,
airiños, airiños, aires,
airiños levaime a ela.

Sin ela vivir non podo,
non podo vivir contenta,
que a donde queira que vaia
cróbeme unha sombra espesa.

Cróbeme unha espesa nube
tal preñada de tormentas,
tal de soidás preñada
que a miña vida envenena.

Levaime, levaime, airiños,
como unha folliña seca,
que seca tamén me puxo
a callentura que queima.

¡Ay! si non me levás pronto,
airiños da miña terra,
si non me levás, airiños,
quisais xa non me conesan,

que a frebe que de min come
vaime consumindo lenta,
e no meu corazonciño
tamén traidora se ceiba.

[…]