Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 26 de marzo de 2012

Conta de Libros (XIX): Cando petan na porta pola noite, Xabier P. Docampo

Cando petan na porta pola noite, Xabier P. Docampo, Col. “Fóra de Xogo”, Xerais

O libro a min en xeral gustoume moito, porque ten catro relatos, todos relacionados co medo, e iso a min gústame. O relato que máis me gustou foi O Fornadas, porque a vella ao final acabou con quen lle quitara a vida a ela. O que menos me gustou foi A Loba, foi un conto que non me gustou moito, porque non me meteu tanto medo coma os outros, e non me chamou tanto a atención ao comezar a lelo. Para min o momento máis interesante de todos os contos está no primeiro, O espello do viaxeiro, no momento en que o viaxeiro mata o ferreiro. Tamén me gustou moito este libro porque en cada conto, máscase a traxedia ata o final, e non se desvela nada do que poida pasar máis adiante. Á parte tamén me gustou a forma en que está relatado, e Xavier P. Docampo é un escritor que me gusta moito, pola súa imaxinación, e a forma na que escribe. O libro tamén me gustou porque son historias moi difíciles de crer, pero se te paras a pensar que che poidan pasar a ti, non sabes como reaccionar, se afrontar todo o que che boten ou intentar fuxir e esquecerse de todo.

Martín Calviño Vicente (3º)

A min, o conto que máis me gustou deste libro, foi o do cumpremortes porque é no único conto, no que non morre ninguén.
O momento que menos me gustou deste libro foi no conto do Fornadas, cando queimaron a vella e a vella se ergueu no forno, outro momento que tampouco me gustou moito foi cando lle puxeron lume á palleira coa loba dentro, aínda que por unha parte fixeron ben, pero sen estar o rapaz dentro, aínda que eles non o sabían.
O momento que máis me gustou deste libro foi no conto do cumpremortes, cando ó final o home non morreu.
O conto que menos me gustou foi o do Fornadas, por cando lle foron pegar á vella e despois a queimaron no forno.
Eu non faría ningún cambio no final, porque xa está ben así.

Alicia Veiras Noya (3º)

5 comentarios:

Jennifer dixo...

Eu este libro tamén o lin, e foi un dos que máis me gustou. Por certo, moi bonita a entrada!

BIBLIOTECA TRAZO dixo...

Grazas por comentar, Jenni. A Martín e Alicia parece que tamén lles gustou.

Noelia Casas García dixo...

A min o conto que máis me gusta destes é o do Fornadas extreméceme cada vez que o leo.

Anónimo dixo...

A mi me encantan estas historia y perdona si os digo que O Fornadas me parece un barbaridad. Sabeis la historia de donde salio la historia A Loba?

Asun dixo...

Pois non. Ilústranos !!