O tema máis importante do libro é a loita dunha familia por
saír adiante sen ter moitos medios para conseguilo.
Era unha familia coma moitas outras naqueles tempos, que
tiñan un lote de fillos e tiñan que loitar duro para sacalos adiante.
Non cambiaría nada deste libro porque é a historia dunha
familia que así lle toca vivir, e o destino de cada un non se debe cambiar.
Pódense cambiar cousas do pasado de algún personaxe , pero
coas cousas malas sempre veñen as boas, e daquela eu deixaría todo como está.
Foi un libro que me gustou porque trata da realidade de
moitas familias galegas. Estou seguro de que este libro lle gustaría aos meus
avós.
A min o libro non me gustou moito
aínda que fose moi fácil de ler. Non me gustou moito porque tiña moitos nomes e
confundíame de persoas.
O que máis me gustou do libro foi
o contido da propia historia xa que conta como empeza unha parella sen nada e
vai gañando cartos e tendo fillos ata chegar a ter unha casa fóra do normal en
comparación ás demais da vila chamada Ferreira.
Logo tamén me
gustou o final, na que Laura que é a neta de Rosa e Chicho di o propósito do libro que é escribir a súa
vida para celebrar os seus 60 anos de casados e tamén criticar que agora toda a
xente se moderniza moito e se esquece de facer moitas cousas como lavar a roupa
a man e non coa lavadora e cousas polo estilo.
Se se poidera
cambiar algo, eu poñeríalle máis cousas e máis información sobre os seus netos
e tamén lle quitaría moitos personaxes porque a historia fala de moita xente e
non se entende moi ben o conto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario