Esta novela a min gustoume moito.
Paréceme unha historia algo triste, xa que hai varios problemas e dificultades,
pero tamén é moi bonita.
Un dos meus momentos preferidos
do libro é cando André vai xunto ao seu avó, cando está a piques de morrer, e
agarrándolle unha man empézalle a falar de todo. Intentando que sobrevivise,
intentando alegralo, dicíndolle cousas preciosas. Este momento para min é moi
importante, e emocioneime moito cando o estaba lendo; ata ganas de chorar me
entraron.
Eu cambiaría o de que o avó de
André morre porque me parece moi triste, pois André xa tiña outros problemas
como para que lle morrese seu avó.
A lingua para min foi moi fácil
de entender. A historia, para ler, é algo máis difícil, xa que fai moitos
"flash-backs" ao longo desta.
A min este libro pareceume interesante e divertido
nalgunhas ocasións porque a verdade entreteste moito con algúns acontecementos
da historia que son divertidos, pero tamén os hai tristes como o do avó que a
min particularmente neste caso me deu moita tristeza.
Tamén me fixo chorar porque ó final do capítulo do
avó para o rapaz debeu de ser moi duro para el dicirlle que se fose, que parara
de respirar e que descansara en paz porque eu iso se o tivera que facer non me
vería capaz sen botarme a chorar antes ou sinceramente non o daría feito.
Para min foi moi fácil de entender e gustoume moito
así tal e como acaba pero gustaríame que acontecese como o final que eu lle
inventei pero así tamén me gustou moito.
Neste libro pásanse moitos momentos de alegría e outros
de tristeza e por iso me gustou tanto. En poucas palabras ENCANTOUME!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario